Skip to Content

PLANTILLAS

OLA, GUSTARIAME SABER PORQUE POR HAI WEBS DE DRUPAL COMO POR EXEMPLO A DAS BIBLIOTECAS QUE TEÑEN PLANTILLAS QUE NON ESTÁN POR DEFECTO, ALGUÉN ME PODERÍA DICIR CAL É ESA? OU ONDE PODO COLLELA E COMO? POR OUTRO LADO NON SE PODEN COLLER PLANTILLAS DA WEB DE DRUPAL? GRAZAS POLA VOSA AXUDA LORENA

Ola Lorena: O problema

Ola Lorena: O problema fundamental coas plantillas adoita ser a compatibilidade coa versión de Drupal que temos instalada. Nos nosos centros temos a versión 5.7, e todas as que se poidan "instalar" deberán ser válidas para a rama 5.x Dende o proxecto nos deixaron instaladas unha boa chea delas compatibles con dita versión, polo que malo será que non atopedes no voso centro algunha que vos guste ;) (Idenfiticada como admin, panel de administración->Temas). Non sei a que bibliotecas te refires, polo que non che podo indicar cal é a plantilla que solicitas... Respondendo á túa terceira pregunta: Por poder coller, se podería sempre que foran compatibles coa versión que xa che comentei antes. Pero pensa que a xente de Webs Dinamicas xa ten camiño andado e xa seleccionou para nós as plantillas máis "compatibles". Instalar algunhas novas implicaría certos coñecementos a nivel servidor, e tendo en conta que agora están metidos na migración a multisite, coido que non vale a pena meterse en ditos menesteres calculando que en breve van cambiar moitas cousas!. Juan Casado, CEIP A Sangriña - A Guarda

Ola Juan, sorry

Ola Juan, moitas grazas pola túa rápida resposta, eu quería esta plantilla:http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/ e non a atopo por ningures (de feito mireinas todas)e xa entendín o problema, o que pasaba e que como vin que 2 webs da xunta tiñan plantillas diferentes das que nos ofrecen quixen preguntar. Moitas grazas de novo, e por certo ti poderíasme dicir como cambiar/quitar os enlaces que aparecen na cabeceira? Grazas de novo Lorena

Esa plantilla que mencionas

Esa plantilla que mencionas ten pinta de ser unha modificación do tema chamado "Pushbutton", ou polo menos se lle semella moito. Con un pouco de tempo e algúns coñecementos é doado modificar os templates para personalizalos un pouco, e ten pinta de ser o que aqui sucedeu... Desde logo non é un "xenérico", senón unha modificación dalgún. Os enlaces aos que te refires, ¿son os de "Contidos / Portal Educativo / Aula virtual...?" Atoparalos dentro dos menus e bloques como "Enlaces primarios" e "Enlaces Secundarios". Se modifican como calquera outro menú, pero tendo en conta que aparecerán na cabeceira ou no lugar onde dito tema o teña configurado. Se te refires a outros, pregunta sen medo ;) Juan Casado, CEIP A Sangriña - A Guarda

Grazas de novo

Ok Juan!! entón xa desisto, porque non teño nin idea de cambiala, pero e que me gustaba esa...en fin...xa din quitado os enlaces de arriba, moitas grazas!!! e ti sabes como podo facer para poñer un menú de novas? ou como un debuxo encima que poña as novas? grazas Lorena

Ola de novo ;) Para crear un

Ola de novo ;) Para crear un bloque das novas publicadas, tes toda a información nesta misma web. Lendo un pouquiño chegas ata http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/474 , que é onde o noso compañeiro Oscar do Ceip Pedro Antonio Cerviño nos explica como facelo mediante un sinxelo script. Para colocar o debuxo encima das novas, simplemente engade unha imaxe antes do script de Óscar. Hai unha icona dunha árbore no editor de Drupal (TinyMCE) e desde ahí podes engadilas. De todos modos, antes de seguir coméndote a cabeza, tal vez deberías leer os titoriais xa feitos pola xente de WebsDinámicas. Telos nesta mesma web, no bloque da esquerda chamado "CMS Drupal". Probablemente serán do teu interese ;) Drupal é algo enfarragoso en canto a administración, e se non tes os conceptos claros, será moi facil que te líes. Ante todo, moita calma! Juan Casado, CEIP A Sangriña - A Guarda


forum | by Dr. Radut