Skip to Content

roles profe

Hola, no meu centro o rol profe ten permiso a Departamentos, e todos os profesores poden entrar en calquer Departamento e modificalo. Pregúntanme se é posible que cada profesor acceda só o seu departamento. Para facer isto supoño que tería que crear un rol novo para cada Departamento e logo darlle permisos para ese Departamento. Non sei como se fai noutros centros, porque senón terei que crear 20 roles novos correspondentes a cada un dos nosos Departamentos. A ver se me podedes indicar como facedes en outros centros. Grazas

roles profe

Ola. Nos tamén andamos matinando con eso. Comprendo a necesidade de ter poucos roles para non liar a cousa, pero no tocante ó tema de "editar as páxinas propias", teño unha dúbida. Qué pasaría si o curso seguinte o profe que creou determinado contido xa non se atopa no mesmo centro? Sería necesario habilitar a opción de "editar páxinas" para todo o mundo co fin de que ese contido poida volver a ser editado, renovado, etc. co que nos volveríamos a atopar co mesmo problema. ¿qué sucedería se cambia o equipo directivo? Un saúdo.

Recomendacións sobre roles

Boas compañeiros.

A recomendación que facemos dende o Proxecto é crear un só rol para o profesorado. En algún caso podemos crear algún outro específico cando as necesidades o xustifiquen (TIC, Biblioteca...). A razón é que si temos máis de 5 roles a administración faise moi complexa xa que implica configurar permisos por categoría por cada un dos roles. Así si creamos unha nova categoría, son 5 roles a configurar (no caso de que teñamos 5), ou si temos algún problema son 5 roles a revisar. O perigo está no que suporá a administración da web xa que a súa complexidade e proporcional ó número de roles.

Por outra banda, ningún usuario asociado ó rol "profesorado" pode editar/borrar contidos que non creara el mesmo xa que no "Control de Acceso" só temos activada a opción "Editar contido propio" e desactivada a opción "Editar contido". Polo tanto, o único perigo ó que estariades expostos é que un profesor publique contido nunha categoría que non lle corresponde, e iso non o consideramos perigo xa que si ocorre seguro que é unha confusión e ten unha doada solución.

Concluíndo, non consideramos para nada rentable crear un rol por departamento.

 

Un sáudo e ánimo!

-----------------

Grupo de Asesores SIEGA

Non nos funciona de todo ben

Saúdos Descoñecía esta opción de Drupal, o de poder só editar o propio contido, no noso caso temos un rol profesorado, outro equipo directivo e dous axuliares Biblioteca e Normalización que teñnen un par de permisos adicionais a profesorado. O tema é que no control de acceso temos para o rol profesorado "edit own page content" e non marcado "edit page content" (só permitimos publicar páxina como contido), pero pese a estar así marcado calquera membro do rol profesorado pode editar calquera contido publicado por calquera usario co mesmo rol. E este o funcionamento correcto ou teriamos que modificar algunha outra opción para lograr o que comentas.

usuario authenticated

Ola ceippedroantoni, ¿mirastedes os permisos do rol "authenticated"?. Recordo que a nos pasounos algo parecido e o problema estaba ahí. Si o rol "authenticated" tivera permisos para editar tódalas páxinas" entendo que esto tamén incluiría ó rol "profesorado", e esa sería a razón pola que ainda que non tedes marcado "edit page contet", o rol authenticated sí, e por eso non "obedece" correctamente. Non sei, pero pode ser unha idea. Saúdos e sorte.

Niso xa pensaramos ;)

Gracias pola resposta, pero niso foi no primeiro que pensei, de feito agora mesmo, para non liarme cos permisos o "usuario autentificado" non ten ningún permiso polo que só responden ós dos roles. De feito tentei poñer tamén no de autentificado o de "own pages" por se o problema era non telo alí marcado, pero nada, segue sen funcionar.

Nós facemos así

Saúdos de novo, Vilagarcía Pois eso, o que temos feito é un rol específico para cada departamento, e os permisos comúns mantémolos dentro do rol profe. Logo cada usuario, leva asociados dous roles, o do departamento e o de profe. Se se pode facer pasando menos traballo non o sei.

Ola ies Santa Irene

Grazas pola vosa axuda, vendo as indicacións desde o proxecto e dado que son eu soa a que levo a páxina web, vai ser mellor non crear máis roles, xa que somos uns 80 profes e uns 20 Departamentos. Non entendo moi ben, como facedes o de rol para cada Departamento e permisos comúns. ¿cada Departamento só ten acceso o seu Departamento e non os outros? Saúdos.

Disculpade o retraso...

Á hora de publicar contidos, cada departamento só pode publicar dentro do seu. Ese é o principal motivo de poñer roles por departamentos. Así, por exemplo, o rol "Tecno" só ten permisos para publicar contidos en Tecnoloxía, e os outros departamentos e zonas da páxina xa non aparecen na lista cando se vai publicar. E así para cada departamento. É posible que se complique a páxina, pero penso que é mellor así, xa que se evitan problemas ou accidentes, como publicar noutro sitio.


forum | by Dr. Radut