Skip to Content

Dinamización lingüística

Letras galegas 2014: Xosé Díaz

Prema aquí para ver algunhas imaxes do día adicado a Xosé Mª Díaz Castro.

O magosto do 2013-2014.

Para ver fotos do magosto deste curso 2013-2014 prema aquí.

Premios do Concurso de Bicicleta.

O primeiro premio do Concurso de Slogans para promocionar o uso da bicicleta ten sido acadado por Sara López Gómez e María Orsini Gómez de 4º C- ESO. ¡Parabéns!

Houbo un Accesit para María Tosar Vidal de 3º D-ESO e para Estela Morono Sobral de 4ª C-ESO e Roque Beloso Abilleira tamén de 4º C-ESO.

¡Parabéns a todos os participantes! Para ver fotos acceda á Galería aquí.

Ben veñas maio, 2012-2013. ¡Parabéns ás nosas alumnas premiadas!

A nosa alumna Iria Tarrío Pazos de 4º D- ESO acadou o segundo premio de poesía na categoría B. Para ver o seu traballo prema aquí.

A nosa alumna Mara Senra Rivas de 1º C- Bacharelato acadou o segundo premio de narración curta na categoría B. Para ver o seu traballo prema aquí.

A nosa alumna Mª Guadalupe Castro González de 1º C- Bacharelato acadou o segundo premio de narración curta na categoría B. Para ver o seu traballo prema aquí.

Bo Nadal e feliz Aninovo 2013.

Coa tarxeta gañadora do Concurso de Nadal, creada por NAZARET ÁLVAREZ CAMPOS de 3º ESO-A, desexámosvos que estas datas veñan cargadas de cousas marabillosas e que o Aninovo sexa ditoso.

Disfrutamos tamén da tarxeta merecedora do Accesit que é de ANA ACUÑA PÉREZ, tamén de 3º ESO-A:

Máis fotos aquí.

Fotografías de Dinamización lingüística.

A finais do mes de novembro e principios de decembro estivemos no hall coa Exposición ROSALÍA DE CASTRO. Para ver fotos prema aquí.

Para ver todas as fotografías das actividades de Dinamización Lingüística prema aquí.

Concurso para promocionar o uso da bicicleta.


Buscamos  a viñeta  ou  “slogan”  que máis impacto poida acadar entre a sociedade pontevedresa para promover o uso da bicicleta  como medio de transporte na nosa cidade e  que vai servir como lema  deste  concurso.
    Como  BASE do  concurso, nesa  viñeta  terán  que aparecer  :
 MOTIVO   e    TEXTO :   referente a potenciar o uso da bicicleta.
O motivo poderá ser un debuxo, unha fotocopia, unha fotografía, unha interpretación gráfica ou...   O texto e o motivo poderán ir  integrados .  Tamaño máximo en Din A 4
    Entre todos os traballos  entregados elixiremos o gañador/gañadora que será premiado cunha bicicleta e ademais haberá unhas camisetas para os outros  finalistas dos mellores traballos que se presenten. Os traballos  terán que ser presentados, a máis tardar,  o día   12  de ABRIL de  2013  .
Os  traballos hai que remitilos ao I.E.S. Xunqueira II co nome do alumno e centro de onde proceden antes dese día.

O fallo do concurso será o día 30 de ABRIL  de 2013

 A presentación no concurso implica a aceptación destas bases.  O  xurado poderá decidir sobre calquera eventualidade e a súa decisión será  inapelable

Expo-meteoro na Semana da Ciencia.

Estase a realizar no hall do noso Instituto a gran exposición de Meteoro.

Para ver imaxes prema aquí.

O EDL invítache a participar no Concurso de Felicitacións de Nadal.(Bases do Concurso)

CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL

BASES
1. Poderán participar todos os alumnos e alumnas do Centro.
2. Cada persoa poderá presentar un máximo de dúas tarxetas.
3. As tarxetas poderán estar confeccionadas con calquera técnica e material. Deben incluír obrigatoriamente un lema alusivo ao tema e redactado en galego. O motivo pode ser relixioso ou non.
4. Haberá dúas categorías:
• I – 1º, 2°,3°ESO
• II - 4° ESO, 1º e 20 BACHARELATO
5. O prazo de entrega terá como data límite o día 10 de decembro (luns).
6. O xurado estará composto por profesores, alumnos, representantes do Equipo de Dinamización Lingüística, persoal non docente.
7. Haberá un premio para cada categoría que consistirá en material de debuxo e pintura.
8. Todas as tarxetas, premiadas ou non, serán expostas no Instituto e poderán ser publicadas no páxina web do Centro.
9. A tarxeta gañadora será a oficial do Instituto para facer a felicitación destas festas.
10. O nome dos gañadores darase a coñecer o último día de clase do mes de
decembro. A entrega dos premios efectuarase no mes de xaneiro, á volta
das vacacións.
O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
11. A participación neste concurso supón a aceptación das bases.

Letras Galegas 2012- Paz Andrade

Diversas actividades tiveron lugar este curso co gallo do Día das Letras Galegas.

Unha moi pequena mostra da homaxe a Paz Andrade aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut