Portal educativo > Intranet, xuntarquivos, datos persoais e baixas, velocímetro, boletín, destaques, sitios temáticos, servizos
Froita fresca e leite de balde nos períodos de lecer longos!!
Desde o curso 2015/16, en colaboración coa Consellería de Medio Rural e do Mar a través do Fondo Galego de Garantía Agraria, participamos no programa Aliméntate ben de Plan Proxecta e Froita fresca na escola.
É unha campaña de concienciación para xerar hábitos saudables de consumo de froita e leite de forma habitual, facilitando ao alumnado froita fresca de produción nacional e de tempada ao mesmo tempo que leite de orixe protexido "100% galega" nos períodos de lecer. Este programa financia 20 días lectivos durante o curso no caso da froita e 40 días no caso do leite, sen embargo dada a gran acollida do proxecto, o centro aumenta a distribución até 60 días lectivos de subministración con recursos propios.
Calendario previsto no curso 2021/22:
- Outubro --> do 18 ao 29.
- Novembro --> do 15 ao 26.
- Xaneiro --> do 17 ao 28 (leite até o 11 de febreiro).
- Febreiro --> o 7 ao 18.
- Marzo --> do 14 ao 25 (leite até o 8 de abril).
- Maio --> do 2 ao 13.
Solicítaa ao profesorado da materia de educación física ou ao alumnado voluntario.
Programa cofinanciado polo:
- Fondo galego de garantía agraria.
- Consellería do Medio Rural e do Mar.
- IES A Xunqueira II.