Skip to Content

Camiño de Santiago

O IES A Xunqueira II, organizou o 9 e 10 de maio para uns 40 alumnos e docentes, a actividade do Camiño a Santiago en colaboración coa escola de tempo libre e animación sociocultural Don Bosco de Santiago de Compostela. Ámbolos dous centros educativos son membros participantes no proxecto Comenius-Regio, dentro do programa europeo “Through culture to the common future”, xunto ao CEIP Froebel e o departamentos de proxectos europeos da propia Consellería de Cultura e Educación.

Tamén participaron algúns alumnos do IES A Guía de Vigo, membros do grupo Guía de Favores.

Todas as actividades educativas previstas se desenvolveron brillantemente entre música, fermosas paisaxes, dinámicas interactivas e outros saborosos ingredientes que deixaron nos participantes moitas gañas de repetir as experiencias vividas nos camiños da nosa terra.

Olga López Míguez, coordinadora da actividade dentro do proxecto europeo do IES A Xunqueira II.



page | by Dr. Radut