Skip to Content

INICIO DO CURSO - PRESENTACIÓNS

INICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA E PRESENTACIÓNS DO ALUMNADO

VENRES 9 DE SETEMBRO

  • ALUMNADO DA ESO:
    • Presentación ás 12:35hs.
    • Fin da xornada lectiva ás 14:15hs.
  • BACHARELATO:
    • Presentación ás 12:35hs.
  • CICLO APSD:
    • Presentación ás 12:15hs.

IMPORTANTE: O transporte escolar unicamente prestará servizo ao final da xornada lectiva (regreso ao fogar) polo que o alumnado deberá acudir ás presentacións polos seus propios medios. O servizo de comedor funcionará de xeito ordinario para todos os solicitantes.

Asignación de aulas e acceso ás mesmas:

1º ESO A (Aula 1 Edificio 2), 1º ESO B (Aula 2 Edificio 2) e 1º ESO C (Aula 3 Edificio 2) - Acceso pola porta principal do edificio 2 (pasarela cuberta).

2º ESO A (Aula  4 Edificio 1) e 2º ESO B (Aula 3 Edificio 1) - Acceso pola porta traseira do edificio 1 (pasarela cuberta).

3º ESO A (Aula 6 Edificio 1), 3º ESO B (Aula 7 Edificio 1) e 3º ESO PDC (Aula 8 Edificio 1) - Acceso pola porta traseira do edificio 1 (pasarela cuberta).

4º ESO A (Aula 4 Edificio 2), 4º ESO B (Aula 5 Edificio 2) e 4º ESO C (Aula 10 Edificio 2) - Acceso pola porta principal do edificio 2 (pasarela cuberta).

1º BAC A (Aula 9 Edificio 1), 1º BAC B (Aula 10 Edificio 1) e 1º BAC C (Aula 11 Edificio 1) - Acceso pola porta principal do edificio 1.

2º BAC A (Aula 18 Edificio 1) e 2º BAC B (Aula 17 Edificio 1) - Acceso pola porta principal do edificio 1.

1º e 2º CM APSD (Aulas 20 e 21) - Acceso pola porta principal do edificio 1.

Asignación de grupos: Poderá consultarse na aplicación abalarMóbil e nas portas de acceso ao centro o mesmo día de inicio das clases. Dita asignación non poderá ser modificada salvo causas excepcionais debidamente xustificadas.

Recepción aos pais/nais do alumnado que se incorpora por primeira vez ao centro: 12:40 hs. no Salón de Actos co director do centro.

Entrega dos equipos Edixgal (ordenadores) ao novo alumnado da ESO: unha vez finalizada a reunión de pais/nais (aproximadamente ás 13:00hs.) Os ordenadores só poderán ser entregados a algún dos responsables legais do alumnado (pai/nai/titor legal).

Entrega dos libros de texto de préstamo (ESO): entregaranse directamente ao alumnado na primeira semana de clases. As existencias do centro son suficientes para satisfacertodas as solicitudes presentadas.

Protocolo Covid: as autoridades educativas aínda non publicaron as novidades para o curso 22/23. No momento que se produzan actualizarase o plan de adaptación do centro e publicarase nesta mesma páxina.

 



page | by Dr. Radut