Quen dixo que o Museo é aburrido? Serán os que non viñestes con nós, porque o desafío foi bravo.... 37 alumnos de 2º ESO divididos en catro grupos, o de Minos, o do Astrágalo, o do Paxaro e o do Carneiro Alado.
Poucos libros tiñamos....pero descargámolos no móbil! Un plano...e a orientarnos nos múltiples espazos! Unha hora de busca...e a resolver o caderniño lector e atopar solucións aos enigmas do museo!.
Contrarreloxo e con tres comodíns para as posibles dúbidas ou erros, terminamos reuníndonos para resolver cadansúa historia. Todos atentos, todos desafiantes.....o reto resolveuse cun empate entre dous equipos. So o tempo empregado foi xuíz para o equipo gañador.
Parabéns aos participantes! Sodes campións de lectura, observación, atención e participación!
Ah! E o agasallo final... TODOS SABEMOS CAL FOI....VISITANTES DE ESTREA do que aínda estaba por vir!...Coma “ fantasmas no museo”