Skip to Content

Xornalismo e literatura na primeira reunión do “Xograr Lector”

Vinte entusiastas da literatura, entre profesores e alumnos, reuníronse hoxe mércores na primeira sesión do club lector “O Xograr Lector”, na biblioteca do instituto sarriano Xograr Afonso Gómez. Desta volta traballábase arredor do texto de Alfredo Gómez Cerdá “Los fantasmas del paraíso”, novela que aborda temas moi presentes na sociedad de hoxe en día.

 

Para debatir cos alumnos e profesores sarrianos o centro escolar contou cun ex-alumno, hoxe en día redactor-xefe do xornal “El Progreso”. José Manuel Fernández Freire, xornalista sarriano, falou de diversos temas vencellados directamente ca súa profesión, facendo fincapé a maiores en apartados moi candentes nos tempos que nos tocan vivir como a corrupción, o cohecho ou a prevaricación, que veñen craremente reflexados na novela escollida neste primeiro trimestre.

 

Despois da charla veu o momento do relax e nada mellor que algo típico de Galicia e do outono. Así, profesores, alumnos e o convidado degustaron unhas castañas para por fin a unha tarde de literatura, xornalismo....e gastronomía.

 

 

 



page | by Dr. Radut