Skip to Content

Teatro en lingua francesa e actividades complementarias para alumnos sarrianos

Cincuenta e tres alumnos de Francés segunda lingua estranxeira dos cursos 3º e 4º de ESO do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, acompañados de tres profesores, participaron nunha actividade lingüístico-cultura,  proposta polo departamento de Francés. Para ilo desplazáronse a Lugo este luns 23 de novembro, onde traballaron e pasaron unha divertida e compreta matinal.

 

 

Escomenzaron a actividade cunha actividade de simulación, que incluía tres itinerarios diferentes pola vila das murallas. Distribuidos en nove grupos uniformes cun diverso material en lingua francesa preparado polos seus profesores e planos da capital da provincia, os estudiantes xograrinos tiñan que descubrir unha batería de pistas e poder así responder a unha batería de preguntas sobre temáticas dispares de Lugo.

 

Posteriormente asistiron a representación teatral de “Doit-on le dire?”, adaptación para escolares do vodevil do autor Eugène Labiche, obra escrita en 1872. Unha comedia divertida e diferente cun ritmo escénico que chega fresco e espontáneo ao espectador e que ten no matrimonio por interese o seu tema central.

 

Para rematar, e como terceira actividade, tras o comentario en grupo da reopresentación teatral, os estudiantes sarrianos abordaron  unha sinxela lista de preguntas de temática moi variada sobre a provincia de Lugo en lingua francesa que, unha vez traducidas, debían contestar coa axuda de viandantes, peatóns, comerciantes, etc.

GALERÍA DE IMAXES



page | by Dr. Radut