Os IES Carlos Casares de Viana do Bolo e o IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives colaboramos conxuntamente nesta iniciatica co obxectivo de recoller xoguetes usados para donalos á Cruz Vermella.
A pretensión desta actividade é concienciar ó alumnado na adquisición de hábitos de soliedaridade. Os centros educativos debemos educar ó alumnado en valores transversais que procuren nas novas xeracións unha formación integral, solidaria e empática. Con esta iniciativa, buscamos que o alumnado se conciencie das carencias e necesidades que están a pasar moitos nenos e nenas no noso país.