Skip to Content

Concurso sobre consumo responsable e calidade de vida CONSUMÓPOLIS-14.

 A Resolución do 5 de marzo de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, convoca a fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis-14, Pola túa seguridade, sabes o que consomes? (código do procedemento IN114A)

O concurso consta de dúas partes:

A primeira parte do concurso consiste na realización do percorrido pola cidade virtual de Consumópolis, que se desenvolve a través do sitio web www.consumopolis.es

A segunda parte do concurso consiste no deseño, elaboración e presentación dun traballo conxunto sobre consumo responsable.

Participantes.

  • Poderán participar nesta fase autonómica todos aqueles equipos constituídos por cinco alumnos ou alumnas que cursen estudos de 5º ou 6º de educación primaria ou 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria en calquera centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Cada alumno ou alumna participante só poderá formar parte dun equipo. Os equipos deben procurar a paridade, polo que se procurará que cada equipo non teña máis de tres membros do mesmo sexo.

  • Cada equipo debe estar coordinado por un docente do centro. Un mesmo docente poderá coordinar máis dun equipo no seu centro.

  • Non existe límite para o número de equipos que se poden formar en cada centro docente.

Establécense tres categorías de participación:

  • Categoría A: alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria.

  • Categoría B: alumnado de 1º e 2º curso de educación secundaria obrigatoria.

  • Categoría C: alumnado de 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria.

Premios.

Concederanse tres premios de 1.000, 600 e 300 euros para os traballos clasificados respectivamente en primeiro, segundo e terceiro lugar por cada unha das categorías de participación. Os traballos clasificados en primeiro lugar en cada unha das categorías de participación representarán a Comunidade Autónoma de Galicia na fase estatal, que terá lugar en Madrid.

Prazo de presentación.

O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 29 de abril de 2019.

Presentación das solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Máis información.



page | by Dr. Radut