Skip to Content

Campus científicos de verán 2019.

Convócanse ata 1560 axudas, en réxime de concorrencia competitiva para participar, no ano 2019, no Programa "Campus Científicos de Verán". Os Campus terán lugar do 30 de xuño ao 27 de xullo de 2019, en catro quendas de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado a mediodía. Desenvolveranse en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos ás 13 universidades que colaboran na organización do Programa.

Os requisitos para participar nestes campus son os seguintes:

  • Estar a cursar, no ano académico 2018-2019 ensinos de primeiro curso de Bacharelato da modalidade de Ciencias, ou cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria na opción de ensinos académicos cursando as materias troncais de "bioloxía e xeoloxía" e "física e química" ou na opción de ensinos aplicados cursando as materias troncais de "ciencias aplicadas á actividade profesional" e "tecnoloxía", do sistema educativo español.

  • Nacer con posterioridade ao 31 de decembro de 2001.

  • Non ser adxudicatario/a de unha axuda, participando nun proxecto, en edicións anteriores do Programa Campus Científico de Verán.

  • Obter unha nota media igual ou superior a 8,5 puntos nos estudos cursados no ano escolar 2017-2018. En todo caso, estes estudos deberán cursarse en centros docentes que impartan o currículo académico do sistema educativo español.

A obtención da axuda comportará a cobertura dos gastos inherentes á participación no proxecto adxudicado, con excepción do traslado desde os seus lugares de orixe ata o Campus asignado, así como desde este ata os seus domicilios, que será por conta dos/ as adxudicatarios/ as das axudas. Serán por conta dos beneficiarios das axudas os gastos non derivados do desenvolvemento do Programa. Os/ as solicitantes que obteñan praza, deberán abonar a cantidade de 85 euros, en concepto de matriculación.

Os/ as interesados/ as deberán cumprimentar a solicitude mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección www.campuscientificos.es Nesta mesma web, poderase acceder aos modelos para cumprimentar a documentación adicional que deberá acompañar ao formulario para completar as solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes, incluíndo tanto o formulario como a documentación adicional indicada na convocatoria, finalizará ás 13,00 horas (hora peninsular) do día 1 de abril de 2019.

Máis información no departamento de orientación.

 



page | by Dr. Radut