Skip to Content

Nova alerta meteorolóxica para o día 23 de xaneiro de 2013.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia avisan dun fenómeno meteorolóxico adverso para o día 23 de xaneiro de 2013 por NEVADAS que afectarán ás zonas de adverso meteorolóxico da  Montaña de Lugo e Montaña de Ourense, con acumulación de neve superior a 10 cm; e no Sur de Lugo, Sur de Ourense e Valdeorras, unha acumulación superior a 2 cm.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión de Alertas acordou para o día 23 de xaneiro de 2013, o seguinte:

1.      A suspensión da actividade docente e do transporte escolar nos centros escolares situados nas zonas de montaña de Lugo e de Ourense, na que se atopa ubicado o IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives.

2.     A non suspensión da actividade docente nin do transporte escolar nos centros escolares situados no resto das zonas afectadas, aconsellando un especial coidado no caso da realización de actividades no exterior das instalacións do centro extremando as condicións de circulación do transporte, con seguimento das condicións climáticas.



page | by Dr. Radut