Skip to Content

BOLSAS NEAE 2023/24

BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 2023/24
 
O prazo de solicitudes abranguerá do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023.

 

PUBLICADAS LISTAS DEFINITIVAS ADMISIÓN

Informamos de que están publicadas no taboleiro do centro as listaxes definitivas de admisión. Así mesmo, poden consultar o desglose do baremo na secretaría do centro.

CONVOCATORIA DE MATRÍCULA ABAU 2023

Remitimos as instrucións da convocatoria ordinaria de matrícula para as probas ABAU 2023:

https://ciug.gal/PDF/ABAU2023/Calendario_ABAU_ordinaria.pdf

 

Adxúntanse os impresos de taxas ABAU , de prematrícula e de pago de taxas do título de bacharelato, así como un resumo da documentación no menú da esquerda na páxina principal (ABAU).

Para máis información, picar aquí.

 

CALENDARIO FIN DE CURSO DE 2º DE BACHARELATO 2022/23

Achegamos o calendario de fin de curso para 2º de Bacharelato.

PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN DE CUALIFICACIÓNS EN 2º DE BACHARELATO

Achegamos a Instrución 2/2023 pola que se establece o procedemento de reclamacións ás cualificacións obtidas en ESO e Bacharelato para o curso 2022/23.

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO PARA O CURSO 2022/23

Xúntase a ligazón para consultar a Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022/23.

Ligazón

PUBLICADAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN

Xa están publicadas no taboleiro do centro as listaxes provisionais de admisión. Así mesmo, poden consultar o desglose do baremo na secretaría do centro.

Por problemas técnicos coa aplicación informática non puideron publicarse nesta aplicación as listaxes de admisión de 1º de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais, problemas que estamos a tratar de solucionar cos xestores da aplicación para a súa publicación no prazo máis breve posible. En calquera caso, estas listaxes poden consultarse no taboleiro do centro.

X FORO DA INNOVACIÓN DA FP DE AUTOMOCIÓN - IES DE VILALONGA

 

Adxuntamos o programa da X edición do Foro de Automoción que se celebrará os días 27 e 28 de abril de 2023 no pazo Emilia Pardo Bazán e no IES de Vilalonga.

Máis información nas redes sociais do Foro:

Facebook.
https://www.facebook.com/foro.automocion.33

Twitter.
https://twitter.com/FAutomocion
@FAutomoción

Blog:
https://fifpavilalonga.blogspot.com/

Instagram:
https://www.instagram.com/foroautomocion/

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO

O pasado venres, 14 de abril, publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311D). O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023. Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

NOVOS HORARIOS FP BÁSICA 2 (FASE DE RECUPERACIÓN)

Achéganse os novos horarios de FP Básica 2 de Servizos Administrativos e Mantemento de Vehículos correspondentes á fase de recuperación.

Distribuir contido


by Dr. Radut