Skip to Content

CURSOS DE CAPACITACIÓN DIXITAL

 

CARACTERÍSTICAS DOS CURSOS:

  • Cursos gratuítos de 30 horas de duración. Haberá varios grupos e diversas quendas e horarios.
  • Formación asociada á cualificación de nivel 2 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais IFC748_2 Dixitalización aplicada á contorna profesional.
  • Ao remate obterás un certificado de asistencia e aproveitamento, co que se poderán acreditar unidades de competencia de cualificación profesional.

INSCRICIÓN:

  • A inscrición realizarase de forma presencial na Secretaría do IES Vilalonga.
  • A documentación a entregar será calquera tipo de documento de identidade (DNI, NIE).
  • Poden solicitar máis información chamando ao 886159137

 

CURSOS AFD 2024

 

FORMACIÓN  GRATUÍTA DIRIXIDA A PERSOAS DESEMPREGADAS

Curso ofertado:

TMVG0109 OPERACIÓNS AUXILIARES DE MANTEMENTO EN ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS, (328 Horas)

(CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE:  TMV195_1 Operaciones auxiliares de mantenimiento en electromecánica de vehículos (RD 1228/2006 de 27 de outubro))

DATA DE COMEZO:A partir do 2 de Maio

HORARIO: Luns a venres: 16.15 a 21.15h - Sábados: 09:00 a 14:00 h

LUGAR: Talleres IES de VIlalonga, A Salgueira, 40. Vilalonga

Solicita inscrición en:

IES de Vilalonga

Teléfono: 886159137

Correo electrónico: ies.vilalonga@edu.xunta.gal

 

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE ESTUDOS PARA O CURSO 2024/25 (ENSINANZAS POSTOBRIGATORIAS)

O Ministerio de Educación e Formación Profesional vén de convocar bolsas de carácter xeral para o curso académico 2024/2025 para estudiantes que cursen estudios postobrigatorios.

Na convocatoria establécese o prazo de solicitude tanto para alumnado que se atope cursando ensinanzas universitarias como para o que se atope cursando ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias.

O prazo de solicitude será do 19 de marzo ata o 10 de maio de 2024.

Para máis información, preme na seguinte ligazón

.

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN

 

PUBLICADA A LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS EN BACHARELATO

 

PÓDENA CONSULTAR NO TABOLEIRO DO CENTRO E COA PUNTUACIÓN DESGLOSADA NA SECRETARÍA.

 

 (Máis información na nosa páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/iesvilalonga/)

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2024

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2024

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de convocar 645 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024 (Orde 29 de xaneiro de 2024). 

O prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído).

Pode consultarse máis información na seguinte ligazón.

 

ESA 4. COMEZO DAS CLASES

O Módulo 4 de Educación Secundaria para persoas adultas (ESA) dará comezo o luns 5 de febreiro.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NO IES PARA O CURSO 2024/2025

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NO IES PARA O CURSO 2024/2025

 

-NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:

 

  DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

   ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2024-25.

 

Acordo do 11 de outubro de 2023 sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da comunidade autónoma de Galicia,

 

  -POSTOS ESCOLARES OFERTADOS NO IES DE VILALONGA:                                     

 

NIVEL

PRAZAS POR NIVEL

VACANTES ESTIMADAS

1º ESO*

90

80

2º ESO

90

21

3º ESO

90

26

4º ESO

90

27

1º BACH. HUM. E CCSS

66

43

1º BACH. CIENCIAS

66

42

2º BACH. CIENCIAS

66

0

2º BACH. HUM. E CCSS

66

0

 

-PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE RESERVA (centros adscritos): 15 de xaneiro – 5 de febreiro

 

-DATA DE PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMNADO CON POSTO RESERVADO: 22 de febreiro

 

-PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ORDINARIAS DE ADMISIÓN:

 

Do 1 ao 20 de marzo de 2024.

 

Prazo para solicitudes FÓRA DE PRAZO: do 21 de marzo ao 25 de abril.

 

-PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS ALEGADOS PARA O BAREMO SE É O CASO:

 

Do 21 de marzo ao 5 de abril ambos os dous incluídos.

 

-DATA DE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO E PRAZOS PARA FORMULAR RECLAMACIÓN:

 

-Listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: 25 de abril.

 

-Prazo de reclamación contra a listaxe provisional: 5 días hábiles a partir da súa publicación.

 

-Listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio (1 mes para as impugnacións).

 

-PRAZO DE FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA EN ESO E BACHARELATO:

 

Do 23 de xuño ao 7 de xullo.

 

 

 

-CENTROS ADSCRITOS AO IES DE VILALONGA:

 

ESO

 

-CEIP Cruceiro: Vilar, Touceira, O Castro, Piñeiros, Costiña, Freixo, Rouxique, Salgueira, Cruceiro, Bruñeira, Lagarei, Arnosa, Fianteira, Xuncabranca, Gondar de Abaixo, Gondar de Arriba, Revel, Pedreiras, Peai, Cruce da Vichona (dirección Vilalonga), Lomba, Outeiro, Gondariño, Carballo, Empalme, Altamira,Seixobranco.

 

-CEIP Plurilingüe de Nantes: O Pedroño, Nantes de Reis, Bouzón, Santa Eulalia de Nantes, Seixomil, Pazos, Casal, Buezas, Fontoira (a partir do cemiterio), Contumil, Seixal, Rial, Santa Mª da Digana, Vinquiño (a partir da casa nº 5), Pedrouzos, Xesteiriña, Forxán, A Cachada, O Santo, Dadín, Pedeiras, A Granda,Viliquín.

 

-CEIP de Noalla: Telleiro, Aios, Eira do Monte, Besadoiros, Capilla, Bascuas, Pragueira, Major, Cachadelos, Foxos, A Lanzada, Quintáns, Igrexa, Altín, Soutullo, Pontes, Salgueiro do Mato, Casal, Caseiros (cuartel), Tombelo, Revolta I, Revolta II.

 

BACHARELATO

 

-IES de Sanxenxo.

 

-IES de Meaño.

 

-CP Abrente.

 

-ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES

 

-Área de influencia: concello de Sanxenxo.

 

-Áreas limítrofes: concellos aledaños.

 

-SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DO IES DE VILALONGA:

 

Transporte escolar.

 

A admisión e a matriculación nun centro docente público ou privado concertado implicarán respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro privado concertado, se o tivese.

 

Poderán consultar na aplicación admisionalumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado):

 

a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.

 

b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.

 

c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.

 

d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

 

e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

 

 

 

 

Rafael Arines Gago, director do IES de Vilalonga

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut