Informamos de que o próximo martes, 17 de setembro, terán lugar as reunións do profesorado titor cos responsables do alumnado de 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO e 1º FPB a partir das 18:05 horas e seguindo o horario que aparece no documento adxunto.
Serán recibidos/as no Salón de Actos por parte do equipo directivo para dar a benvida e, posteriormente, subirán á aula co titor/a correspondente que ampliará a información sobre a organización do centro e o desenvolvemento do curso.