Administrativo, Automoción, Bioloxía, Debuxo, Economía, Educación física, F.O.L., Filosofía, Física e química, Francés, Historia, Inglés, Lingua castelá, Lingua galega, Linguas clásicas, Matemáticas, Música, OPEN MATEMÁTICO, Orientación, Relixión, Tecnoloxía

Pautas para el examen de selectividad

Últimos temas.

Últimos temas:

El español de América, Crónica... e Interferencias de la lengua gallega en el castellano.

 

2º Bacharelato. Tema 14: A narrativa a partir de 1975. O teatro en Galicia durante o século XX. O ensaio en Galicia durante o século XX.

Este é o último tema do Programa e inclúe tres partes: a narrativa a finais do século XX e comezos do XX trata este tema de forma paralela ao da poesía. O teatro durante o século XX inclúe as tres etapas neste xénero que non se explicaron no seu momento para liberar teoría nas avaliacións anteriores. O ensaio durante o século XX completa a parte de Literatura para dar resposta aos contidos que se inclúen nas cuestións para a ABAU.

2º Bacharelato. Tema 13: A poesía galega a partir de 1975.

Con este tema comeza a parte de Literatura da 3ª avaliación. É un tema breve no que se ofrece unha visión xeral sobre a poesía desta etapa, as liñas temáticas e os autores e autoras máis destacados.

2º Bacharelato. Tema 8: As funcións da lingua. Bilingüismo, diglosia e conflito lingüístico. Linguas minoritarias e minorizadas. Política lingüística. a situación actual do galego.

Este tema é o último da parte de Lingua para a 3ª avaliación e será a base para a elaboración dunha proba que sirva para complementar a cualificación global da avaliación. Deste xeito, e como se explicará nas clases, este tema non entrará no exame.

2º Bacharelato. Tema 5: A Semántica.

Este tema tamén é de repaso sobre contidos que se deron noutros cursos anteriores e que se comparten coa materia de Lingua Castelá. Deste xeito, proponse ao alumnado unha revisión dos conceptos relacionados coa Semántica, unha reflexión sobre as causas dos cambios no significado das palabras e uns exercicios de vocabulario para afianzar os contidos teóricos.

2º Bacharelato. Tema 4: A Sintaxe.

Con este tema comeza a parte de Lingua da 3ª avaliación. Trátase de facer un repaso dos conceptos de Sintaxe e revisar o método de análise de oracións compostas que xa se deu o ano pasado en 1º de Bacharelato. Con vistas ao exame é necesario pensar especialmente na práctica, de modo que se aplique correctamente a teoría e o coñecemento das diferentes estruturas oracionais. Daquela, os documentos adxuntos recollen un repaso de contidos teóricos e unha serie de esquemas das diferentes estruturas sintácticas.

2º Bacharelato. Tema 12: A narrativa desde a Guerra Civil ata 1976.

Este tema contén as dúas últimas preguntas da parte de Literatura para o exame da segunda avaliación e, como sucede na parte de poesía, teñen correspondencia cos enunciados da proba da ABAU. Os documentos adxuntos recollen estas cuestións e as súas particularidades explicaranse na clase.

2º Bacharelato. Tema 11: A poesía de posguerra.

Este tema trata sobre a poesía galega durante a etapa da Ditadura franquista en Galiza e o desenvolvemento da literatura galega no exilio. Ademais das cuestións de tipo xeral que se relacionan coas preguntas que figuran na lista das probas da ABAU, para comprender mellor as características desta etapa analizaremos a obra de dous autores: Celso Emilio Ferreiro e Xosé Luís Méndez Ferrín.

2º Baharelato. Infomación da CIUG sobre a ABAU

A finais do 1º primeiro trimestre recibiuse no departamento de Lingua Galega unha circular do Grupo de Traballo que elabora os exames das probas de acceso á Universidade na nosa materia. Esta circular foi comentada en clase, mais por considerala de interese para o alumnado inclúese como documento adxunto a fin de que poida ser consultada doadamente. Calquera dúbida poderá resolverse nas clases.

Distribuir contido