Skip to Content

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES E ARQUEOLÓXICO DA CORUÑA

O martes 12 de decembro retomamos, despois do tempo de pandemia, a tradición de percorrer as salas do Museo de Belas Artes da Coruña, conducidos polas persoas que curso tras curso veñen encargándose, con éxito, desta imprescindible tarefa de achegamento á Arte. É esta unha experiencia que sempre resulta gratificante para o alumnado por ser a primeira vez que se achega a un museo destas características. Nesta ocasión, fixemos tamén unha visita, demasiado curta temporalmente, ao Museo Arqueolóxico. Se queres coñecer algunhas das opinións dos alumnos/as sobre a visita: prema aquí.

 

 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

O pasado martes, 5 de decembro, entregamos os premios deste concurso fotográfico. Parabéns por esas fotazas!! No blog da biblioteca podedes ver todas as fotos presentadas: Ir ao blog.

 

 

PARTICIPACIÓN NA PROBA DE CAMPO A TRAVÉS DA BAÑA

O pasado venres 24 de novembro celebrouse nas inmediacións do CPI de San Vicente da Baña a fase zonal de campo a través do programa Xogade, iniciativa promocionada e financiada pola Xunta de Galicia. Os 65 alumnos/as de 1º e 2º ESO do IES Terra de Xallas, completaron o esixente percorrido de 1200 e 2000 metros respectivamente. Noraboa a todos/as participantes, vémonos na próxima! 

 

25 DE NOVEMBRO: 52 HISTORIAS MENOS

A Biblioteca e o Departamento de educación plástica e visual colaboraron na creación dunha “Instalación artística” para conmemorar o 25 de Novembro. O alumnado de 1º da ESO e 1º de Bacharelato participaron nesta actividade que homenaxea ás 52 mulleres asasinadas este ano.

Ir ao blog da Biblioteca

PARABÉNS SORAYA!!!

 

A alumma Soraya Paredes Negreira recibiu o premio extraordinario da ESO ao rendemento académico do curso 2022-2023, coa terceira mellor nota. A galardoada recibirá un premio de 1000 €. PARABÉNS SORAYA!!!

Acceso ao DOG

El Correo Gallego

La Voz de Galicia

 

OBRADOIRO DE DESEÑO E ELABORACIÓN DUN CABEZUDO

 O alumnado da materia Debuxo Artístico de 1º e 2º de Bacharelato, dirixidos polo gran artista Kukas, está realizando un obradoiro de deseño e construción dun cabezudo seguindo a técnica tradicional de cartón pedra.

Este obradoiro forma parte do proxecto da Asociación Ateneo Xalleiro para rescatar a tradición dos cabezudos nas festas e desenvólvese grazas á colaboración e apoio da Vicedirección, a Biblioteca e o Departamento de Artes Plásticas do IES Terra de Xallas.

 

Galería 1, 2, 3, 4, 5, 6

Distribuir contido


by Dr. Radut