Skip to Content

GALARDOADOS NO III CONCURSO DE VÍDEOS INFORMATÍZATE

Premio concedido aos alumnos do IES Terra de Xallas no concurso Informatízate organizado pola ETSE da USC

 

Os alumnos de 1º de Bacharelato do IES Terra de Xallas: Lucas Muñoz, Roi Mecías, Fabio Mancebo e David Díaz foron premiados no III Concurso de vídeos “Informatízate” organizado pola Escola Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela. Os alumnos presentaron o vídeo que leva por título:Ada Lovelace: unha odisea tecnolóxica e onte acompañados pola súa profesora Paloma Fernández, recolleron o premio en Santiago de mans da directora da Escola Superior de Enxeñería da USC.

 

 

 

NORABOA AO ALUMNADO GALARDOADO!

 

 

 

CICLOS - HORARIOS DOS EXAMES DA CONVOCATORIA FINAL E PERDA DE AVALIACIÓN CONTINUA

Nos documentos que se poden descargar na parte final desta páxina están os horarios dos exames, tanto para o alumnado de ciclos que ten que presentarse á convocatoria final coma para o alumnado que perdeu o dereito a avaliación continua.

ABAU 2023

Xa está dispoñible o horario das vindeiras probas das ABAU 2023 (convocatoria ordinaria) ao final desta páxina no apartado Adxunto.

DESCONVOCADA DEFINITIVAMENTE - FOLGA NO TRANSPORTE OS DÍAS 27 E 28 DE ABRIL E INDEFINIDA A PARTIRES DO 8 DE MAIO

Hai convocada unha folga no sector do transporte de viaxeiros en autobús por estrada na Comunidade Autónoma de Galicia para os días 27 e 28 de abril, que será indefinida a partir do 8 de maio.

CLUB DE DEBATE ALINGUA

 

 

 

Noraboa ó alumnado premiado de Oratoria no Club de Debate Alingua!

Onte, 24 de abril de 2023, o alumnado de Oratoria do IES Terra de Xallas, guiado pola profesora Noelia Iglesias Iglesias, gañou o segundo premio no Club de Debate Alingua, celebrado no concello de Teo. O Club de Debate é un programa cooperativo no que participan varios concellos galegos (Santa Comba, entre eles) a través dos seus servizos de normalización lingüística e, no noso caso, conta co apoio do equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro, coordinado pola docente Maricarme García Ares. O galardón supón para a rapazada gañadora un premio de 300 euros. Así, os chamados "Falabaratos Festeiros" pasan á final do Club de Debate, que será o vindeiro 3 de xuño en Bertamiráns.

 

Moita sorte!

 

 _________________________________________________________________________________________________________________

 

 

 

O pasado sábado 3 de xuño, nove rapazas e rapaces matriculados na materia optativa de Oratoria (3ESO) no IES Terra de Xallas foron á final do Club de Debate, que tivo lugar na casa da cultura de Bertamiráns ao longo de todo o día. Este grupo, chamado "Falabaratos festeiros", defendeu nun debate a postura a favor e noutro a postura en contra da interesante cuestión lanzada pola organización: "A mocidade renuncia ó galego?". O equipo estivo apoiado pola coordinadora de Dinamización lingüística (a profesora Maricarme García Ares) e tivo como responsable á profesora de Oratoria Noelia Iglesias Iglesias. O noso equipo quedou de cuarto clasificado en dita competición final. Tendo en conta que os tres primeiros clasificados son os equipos que se veñen repartindo nos últimos anos o primeiro premio, un cuarto posto é unha posición moi meritoria, pois hai que ter en conta que o noso centro se presenta por primeira vez. Para o vindeiro curso iremos a por todas de novo!

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut