Skip to Content

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto terán as seguintes obrigas:
1. Devolver os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 2018/19. A falta de devolución dos libros de texto será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2019/20.
2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2019/20 e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso.
NON hai que devolver os libros das materias suspensas.
DATA DE ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO: venres 21 de xuño
NON se recollerá ningún libro despois do prazo indicado.

Para maior información consultar documento adxunto.

O IES TERRA DO XALLAS ACADA A 5ª MELLOR NOTA DE GALICIA NA ABAU

Outro ano mais debemos felicitar á comunidade educativa do IES Terra do Xallas polos excelentes resultados acadados nas probas de acceso a universidade (ABAU). Dos 30 alumnos/as presentados (o 70% do alumnado matriculado en 2º de bacharelato) logramos un 100% de aptos, e dos 281 centros públicos e privados de Galicia, o IES Terra do Xallas obtén a quinta mellor nota, cunha media de 7,325 na parte xeral (o curso pasado obtivemos unha cualificación media de 7,24). Comentar que a  cualificación media da proba xeral en Galicia é de 6,152, polo tanto superamos a media en 1,173 puntos.

O centro con mellor nota na parte xeral é o IES S. Rosendo de Mondoñedo que presentaba 16 alumnos/as que acadaron unha nota media de 7,891, seguido polo IES Saturnino Montoya de Ferrol que con 45 alumnos/as acada unha nota media de 7,577, o IES Terra Trasancos de Narón que con 12 alumnos/as acada unha nota media de 7,504 e o centro privado Alca de Ames que con 12 alumnos/as acada unha nota media de 7,413.

CLUB DE LECTURA-CLÍO E NÓS

Dende o Club de Lectura achegamos presentación do traballo realizado durante o curso polo Club de Lectura de Historia Clío e Nós: civilización e barbarie na Europa do século XX.

CARTA ERASMUS DE EDUCACIÓN SUPERIOR 2014-2020

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR (26/11/2018)

Achegamos como documento adxunto a carta destinada ás familias onde se pode consultar as instruccións para poder votar nas elección ao Consello Escolar, así como as datas e prazos das mesmas.

Recordamos que para poder votar o día 26 de novembro é imprescindible aparecer no censo electoral. Pódese consultar o censo no taboleiro situado ao lado da conserxería do centro.

Un saúdo.

A Dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut