Para promover a interculturalidade, poñendo en valor as nacionalidades representadas no Centro, o último día de clase organizamos unha degustación de comida internacional. 16 alumnos/as trouxeron comidas típicas dos seus países explicaron cando era costume saborealas e cómo eran as súas receitas. Unha xornada inolvidable!!! Se queres máis información: prema aquí
O sábado 22 de xuño, o alumnado de 2º de bacharelato celebrou o seu acto de graduación en compañía das súas familias e profesorado. Parabéns a todos e todas e moita sorte nos vosos novos camiños!!
O venres 21 de xuño entregáronse os premios MEGABAU. Dúas alumnas do IES Terra de Xallas acadaron máis dun 9 na media da parte xeral da ABAU e Bacharelato. Moitos parabéns a Natalia Martínez e Ainhara Bouzada que recibiron este recoñecemento ao seu esforzo, traballo e perseverancia.