Skip to Content

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

Libros de texto curso 2023-2024

ESO: Arquivo adxunto

BACHARELATO E FP: Arquivo adxunto

 

 

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR

Publicadas as listaxes definitivas do alumnado con dereito as axudas do fondo solidario de libros de texto para o vindeiro curso 2023/2024.

So se poderá consultar a través da aplicación FONDO LIBROS no menú "cidadán" e de xeito presencial no taboleiro de anuncios do edificio principal do centro, en horario de 9:30 a 13:30 horas.

Tamén se poden retirar os vales de axuda para adquirir material escolar na conserxería do centro no mesmo horario.

 

RUTAS TRANSPORTE CURSO 2023-2024

Rutas e paradas transporte escolar 2023-2024: Arquivo adxunto

Dúas alumnas do IES Terra de Xallas foron premiadas no XX Certame Literario do Concello de Ames

O pasado mes de xuño, dúas alumnas do IES Terra de Xallas recolleron cadanseu premio no XX Certame Literario do Concello de Ames ao acadar un 2º e un 3º posto nas modalidades nas que participaron, poesía e narrativa, respectivamente. O acto celebrouse na Casa de Cultura do Milladoiro. As premiadas son Amalia Blanco, de 1º de bacharelato, que conseguiu un segundo posto co seu poema titulado Po, vidro, cal, sol e area; e Soraya Paredes, de 4º da ESO, que recibiu o terceiro premio polo seu relato titulado A arma máis poderosa. O xurado estivo conformado por personalidades do mundo da literatura gañadores doutras edicións do concurso, que tiveronque escoller entre un total de 167 obras.

              

INSTRUCIÓNS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2023/24

Achégase a seguinte información sobre o proceso de matriculación para ESO e Bacharelato e admisión en Ciclos formativos.

  • Calendario de matriculación.
    • Luns 3 de xullo: 2º de Bacharelato
    • Martes 4 de xullo: 1º de Bacharelato
    • Mércores 5 de xullo: 4º de ESO/PDC
    • Xoves 6 de xullo: 3º de ESO/PDC
    • Venres 7 de xullo: 2º de ESO
    • Luns 10 de xullo: 1º de ESO
  • Instrucións a seguir para matricularse (ver arquivos adxuntos)
  • Admisión Ciclos Formativos. Presentación de solicitudes do 23 de xuño ao 5 de xullo. (Ligazón)

Un saúdo.

A Dirección.

ALUMNADO PREMIADO NO CONCURSO LA VOZ DE GALICIA MELLOR XORNALISTA XUVENIL

O pasado venres, 9 de xuño, dúas alumnas do IES Terra de Xallas asistiron á entrega dos premios do concurso de La Voz de Galicia Mellor Xornalista Xuvenil ó acadaren un 2º e un 1º premio nas dúas modalidades nas que participaron, artigo de opinión e entrevista. O acto celebrouse na sede do Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, en Arteixo. As premiadas son Laura Calvo, de 1º de bacharelato, que conseguiu un segundo posto cun artigo de opinión sobre os ventres de alugueiro; e Uxía Conde, de 4º da ESO, que recibiu o primeiro premio pola entrevista que lle realizou á súa avoa e na que falaba das penurias da súa mocidade. Os traballos estiveron titorizados pola profesora de Lingua galega e literatura, Maricarme García Ares.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut