Skip to Content

PRIMEIRO POSTO NO CERTAME DE DEBATE 2024

O pasado martes 27 de febreiro celebrouse en Santa Comba o Certeme de Debate 2024. O noso alumnado que cursa Oratoria en 4º de ESO acadou o Primeiro Posto. O alumnado participante demostrou un gran dominio da lingua e moita calidade nas súas intervencións, Parabéns!!! Se queres saber algo máis sobre o Certame de Debate 2024, preme aquí

 

VISITA A SOGAMA

O martes 27 de febreiro, o alumnado de 1º da ESO xunto co alumnado dos Ciclos Básicos de Restauracion e Mantemento de Vehículos realizaron unha visita ao Complexo Medioambiental de Cerceda, SOGAMAA visita consistiu nunha charla formativa sobre as instalacións e a súa funcionalidade, unha visita polas instalacións empregando as lentes de realidade virtual e obradoiros de reciclaxe. A saída foi organizada polos Departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais, se queres coñecer algo máis sobre a visita, preme aquí.

PARTICIPACIÓN NO INTERCOMARCAL DE CROS

O pasado martes 27 de febreiro celebrouseen Noia a proba deportiva intercomarcal de cros organizada polo programa Xogade. Na actividade participou o alumnado de 2º da ESO  xunto con outros 65 centros educativos con un total de 700 participantesFermosa xornada de convivencia, deporte, disciplina, esforzo e superación coa que pretendemos dende o departamento de educación física inculcar estos valores e hábitos de vida activa e saudable. Parabéns as/os nosos atletas!!!

VISITA DE ROSALÍA DE CASTRO E MODESTO BROCOS

O venres 23 de febreiro honramos a nosa maior poeta celebrando o 187º aniversario do seu nacemento. Por un día viaxamos ao século XIX e desfrutamos da compañía de Rosalía de Castro e Modesto Brocos, coñecido pintor compostelán que a retratou no Pazo de Lestrobe. Cos Quinquilláns pasamos unha xornada moi divertida e instrutiva!! Se queres coñecer algo máis sobre a visita, preme aquí 

XXVII PREMIO SAN CLEMENTE

O 7 de febreiro entregouse a XXVII edición do Premio San Clemente ás 3 escritoras premiadas: en lingua galega, a Sica Romero, por Avelaíñas eléctricas, en lingua castelá, a Brenda Navarro, por Ceniza en la boca, e en lingua estranxeira, a Nell Leyshon, por La escuela de canto. Ao acto asistiu o alumnado dos centros que formaron parte do xurado, xunto co profesorado acompañante, do noso instituto e de oito centros máis de Galicia, Madrid e Francia. Tamén asistiron diversas autoridades como a Alcaldesa de Santiago, o Secretario Xeral Técnico da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Secretario Xeral de Política Lingüística entre outras autoridades. Posteriormente houbo unha cea no Hostal dos Reis Católicos en compañía das escritoras galardoadas. Se queres coñecer algo máis sobre o Premio, preme aquí.

 

 

CHARLA ARBITRAXE

O luns 19 de febreiro recibimos no centro a Eugenia Gil Soriano, árbitra profesional e de 1º división feminina, acompañada do responsable da delegación de árbitros da costa Manuel. Impartironunha interesante charla aos alumnos/as de 4º da ESO e 1º BACH, na que acercaron esta profesión ao alumnado como unha forma máis de gañarse a vida, facer deporte e inculcar valores… o tempo que Eugenia falaba dos seus inicios en esta profesión, como o compaxina co atletismo, e como é o seu atareado día a día de viaxes e arbitrando por todo Europa o nivel máis alto do fútbol femenino.

Manuel foi o encargado de informar e dar a posibilidade ao alumnado de facerse árbitros/as a través dun curso intensivo que dará comezo en marzo en Baio (Zas), esperamos ver alí algunha cara coñecida.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut