Skip to Content

24 DE OUTUBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

          

O alumnado de 1º de Bacharelato celebrou o luns 23 de outubro o Día Internacional das Bibliotecas cunha saída a Santiago de Compostela.

VISITA GUIADA Á MINA DE VARILONGO

 

O luns 16 de outubro, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato das materias do Departamento de Ciencias Naturais, tiveron unha visita guiada á mina de Varilongo.

CARTA ERASMUS DE EDUCACIÓN SUPERIOR 2014-2020

CARTA DE PRESENTACIÓN ÁS FAMILIAS

Achegamos como ducumentación anexa a carta de presentación do curso 2017-18 para as familias do alumnado matriculado no IES Terra do Xallas e que contén a seguinte información:

- Carta presentación curso 2017-18
- Calendario escolar
- Horarios de atención ás familias
- Horario de cada grupo

 

Un saúdo

A Dirección

IES TERRA DO XALLAS 4ª MELLOR NOTA MEDIA DE GALICIA NAS ABAU

Facémonos eco da noticia publicada na VOZ DE GALICiA (06/07/2017) onde se recollen os centros educativos de Galicia coas mellores notas nas probas de acceso á Universidade (ABAU).

Nese "ranking" publicado, o noso centro, IES TERRA DO XALLAS, acada a 4ª mellor nota media de Galicia cun 7,254 (mellor nota media de Galicia 7,379).

Podedes consultar a noticia completa no seguinte enlace: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/07/06/centros-grandesbachillerato-abauinstitutos-publicos-galicia-destacan-rankings-notas-selectividad/0003_201707G6P2991.htm

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR (26/11/2018)

Achegamos como documento adxunto a carta destinada ás familias onde se pode consultar as instruccións para poder votar nas elección ao Consello Escolar, así como as datas e prazos das mesmas.

Recordamos que para poder votar o día 26 de novembro é imprescindible aparecer no censo electoral. Pódese consultar o censo no taboleiro situado ao lado da conserxería do centro.

Un saúdo.

A Dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut