Skip to Content

Recomendámosche

Concedida a axuda do PLAMBE á biblioteca do Sofía

plambeA Asesoría de Bibliotecas ven de comunicar a relación provisional de axudas á mellora de bibliotecas escolares para o vindeiro curso, na que está incluída a do Sofía Casanova. Era esta unha vella arela do centro, e este ano vaise facer realidade, grazas en boa medida aos esforzos do grupo de traballo de biblioteca.
Parabéns a todo o mundo e o curso que ben, máis lectura!

A biblioteca do Sofìa en Meiga

bibliotecas Xa se poden consultar as máis de 17 000 referencias da bibloteca do centro en liña neste enlace http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CED105

Día das Letras Galegas

17/05/2012 10:04
Etc/GMT

Festividade das Letras Galegas, dedicado este ano a Valentín Paz Andrade.

Cambios na oferta educativa do centro

A Consellería de Educación publica hoxe a oferta de ciclos formativos en réxime ordinario. DOG
Pola mesma o ciclo superior de Educación Infantil pasa a impartirse no CIFP Ferrolterra e o de Guía, información e asistencia turísticas ao CIFP Rodolfo Ucha.
Asi mesmo o IES Sofía Casanova acollerá ao alumnado de ESO e bacharelato de Ferrolterra e a parte do seu profesorado.

Máis información na reunión convocada para as familias ou titores legais o xoves 16 ás 19 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut