Skip to Content

Cinensino

   

    Houbo unha nova sesión de Cinensino para os alumnos de 1º e 2º de ESO o pasado xoves 21 de xaneiro.

    Os alumnos acudiron cos seus profesores ao teatro Jofre onde poideron ver a película "La familia Bèlier".
    Alí recibiron materiais didácticos para traballar nas titorías os contidos transversais da película.

Semana da froita

 

    O noso centro participa este curso unha vez máis no "Plan de consumo de froita nas escolas" coa axuda financeira da Comunidade Europea que se levará a cabo durante dous períodos ó longo do presente curso escolar.

   Repartirase FROITA GRATIS ao alumnado durante a semana do 18 ó 22 de Xaneiro e a segunda do 25 ao 29 de Abril.

    A froita será ecolóxica e suministrada pola"ECOTENDA 78". Teremos mazá do país, pera, mandarina, plátano, mazá Roial Gala...como vedes, teremos froita de tempada para todos os gustos.

    Agardamos que a saboreedes!                                                              Fotografías

Experiencias alfin na biblioteca do IES Sofía Casanova.

   

     Desde a biblioteca do IES Sofía Casanova deseñáronse unha serie de experiencias/actividades entre o 2013 e o 2015 que son o resultado dun proceso de alfabetización (entendido en sentido amplo) en tres fases: formación do alumnado, formación do profesorado e resultados (experiencias ALFIN).

    A revista Galega do Ensino. EDUGA, publica un artigo no que se relata esta experiencia.

    Este traballo tamén está reflectido no blog da biblioteca.

 

Homenaxe a profesores do IES Sofía Casanova

 

    Os profesores Angeles Doce Lamas, José Roberto Fernández López, Esperanza Fonte Cortizas, Celestina Gen Arbe e Joaquín Rodiles Lamas recibiron unha homenaxe dos seus compañeiros con motivo da súa xubilación.

    Os seus alumnos e compañeiros  lembrarannos sempre pola súa calidade profesional e persoal.

   ¡ Feliz xubilación!

Nadal solidario no Sofía

 

Nadal solidario no Sofía

O IES Sofía Casanova deséxalle un feliz nadal a toda a comunidade educativa.

Visita a edificios de Rodolfo Ucha

   

    Saída interdisciplinar dos departamentos de economía e debuxo facendo un percorrido polas rúas ferrolás para coñecer a arquitectura e os usos económicos e sociais dos famosos edificios de Rodolfo Ucha, visitando o interior do que ocupa a cociña económica.

    Esta saída forma parte das actividades de concienciación que se farán no MES DA SOLIDARIEDADE NO SOFÍA.

Concertos

   

    O pasado 20 de novembro os alumnos de 2 eso B e C asistiron a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Nel pudieron disfrutar da música en directo da Real Filharmonia de Galicia interpretando a Sinfonía n 6 de Mahler.

   O 2 de decembro, os alumnos de 2ºESO de Música, os de 1º ESO de Práctica Musical e os alumnos que cursan Música como optativa en 4º ESO, acudiron a un novo concerto didáctico a cargo da Real Filharmonia de Galicia. Nesta ocasión o programa estivo adicado ao Clasicismo: Minuetto, L. Boccherini Serenata núm. 9 KV 320 "Posthorn", W. A. Mozart

Roteiro Carvalho Calero

   

     O mércores 18 os alumnos de 3º e 4º de Diversificación Curricular fixeron un percorrido por Ferrol Vello e o barrio da Magdalena para revivir os tempos do galeguismo e da 2ª República e evocar a figura do escritor e lingüista ferrolán: Ricardo Carvalho Calero.

    Esta actividade foi ofertada polo Concello de Ferrol e coordinada polo Equipo de Dinamización da Lingua e o Departamento de Lingua Galega. Os alumnos esperan novas iniciativas que lles axuden a aprender quenes fomos e quenes somos dun xeito diferente

Distribuir contido


by Dr. Radut