Skip to Content

50 ANIVERSARIO DO IES SOFÍA CASANOVA.

 Este ano celebramos o 50 aniversario da creación do noso instituto; en orixe, en aulas específicas femininas do IES Concepción Arenal e, a partir de xaneiro de 1967, na actual ubicación do IES Sofía Casanova.

Con motivo desta conmemoración, o centro ten elaborado un programa de actividades, que comeza coa convocatoria do concurso “50 anos atrás”.

 

O resto da programación concentrarase e levarase a cabo durante a última semana do mes de maio. Será unha semana na que se irán sucedendo unha morea de actos, entre os que salientamos os seguintes:

1. Encontro de antigo alumnado e profesorado.

2. Actuación do grupo MORSE co seu concerto Negruras.

3. Representación dunha obra de teatro sobre a escritora que dá nome ao noso centro.

4. Exposición fotográfica, que recolle a historia do noso instituto.

5. Mesa redonda sobre a figura de Sofía Casanova, na que participará a profesora Charo Martínez Martínez, experta na materia, e o director do documental “A maleta de Sofía”.



page | by Dr. Radut