Skip to Content

O alumnado de 1º ESO visita Doniños

   

     O martes 11 de xuño 52 alumnos de 1º ESO fixeron unha saída organizada polos departamentos de Bioloxía e Educación Física a Doniños.

    Pola mañá recorreron o Val de Doniños e a lagoa, facendo diversas paradas para o estudo dos ecosistemas lacustres, a xeomorfoloxía e a biodiversidade das especies da zona. En Outeiro visitaron o monumento a Ros.
    Logo do almorzo no pinar, fixeron unha camiñada dende a praia de Doniños ata a de San Xurxo, na que disfrutaron das paisaxes dos cantís e illotes, do castro de Lobadiz e da botánica característica da zona.



page | by Dr. Radut