Skip to Content

SECCIÓNS BILINGÜES

 

     Durante o curso 2018-19 no IES Sofía Casanova hai tres seccións bilingües en lingua inglesa, nos seguintes cursos e materias:

• 3º ESO en EPVA     • 4º ESO en EPVA     • 4º ESO en Educación física

1.- OBXECTIVOS

Xerais
Os obxectivos xerais do proxecto inclúen os establecidos no Real Decreto 1631/2006 de 29 de decembro.

Específicos
1. Reforzar a aprendizaxe do inglés mediante o seu emprego en tres materias non lingüísticas do currículo.
2. Potenciar a interacción do alumnado empregando coma lingua de expresión na aula o idioma inglés coma L2.
3. Posibilitar no futuro o intercambio de profesores e alumnos con outros países mediante a participación en proxectos europeos ou proxectos e-twining.

 

   

2.- PROFESORES E COORDINACIÓN DO PROXECTO

Profesores que participarán na sección bilingüe

1. ANA COUTO VILA (Coordinadora)

2. CARMEN FERNÁNDEZ VALDIVIESO (Coordinadora)

3. MARTA SALGUEIRO MARTÍNEZ (Coordinadora)

4. JOSÉ ANDRÉS RODRÍGUEZ BERGARA (Profesor de Educación Física)

5. MARIA JOSÉ LANZA LÓPEZ (Profesora de Educación Plástica,Visual e Audiovisual)

 

3.- OBXETIVOS E CONTIDOS ESPECÍFICOS DE CADA MATERIA

3.1- EDUCACIÓN FÍSICA OBXECTIVOS

Os obxectivos e contidos de cada sección bilingüe serán os reflectidos na programación didáctica para os curso de 4o de ESO respectivamente, con especial atención aos que a continuación se propoñen de xeito específico para as devanditas seccións bilingües, e que se tratarán en maior ou menor profundidade segundo os contidos a impartir no curso:

• Coñecer e valorar os efectos que ten a práctica habitual de actividades físicas de xeito bilingüe no seu proceso evolutivo.

• Coñecer aspectos de historia deportiva de países que empregan a lingua inglesa coma oficial.

• Planificar e realizar actividades dentro da aula empregando a lingua inglesa.

• Coñecer e empregar a terminoloxía específica da educación física en lingua inglesa.

• Coñecer e analizar contidos sobre hixiene, calidade de vida, nutrición, e hábitos saudables das culturas anglofalantes.

• Coñecer e valorar as actividades físicas e xogos populares tradicionais da cultura anglosaxona.

• Recoñecer e valorar diferentes manifestacións culturais, artísticas e deportivas, en lingua inglesa.

• Coñecer e empregar recursos baseado nas novas tecnoloxías no ámbito da educación física con especial énfase naqueles dispoñibles en lingua inglesa.

• Valorar a importancia do inglés no manexo das novas tecnoloxías, con especial atención aos recursos dixitais específicos da materia.

• Realizar buscas bibliográficas no idioma estranxeiro para cubrir as carencias informativas existentes na lingua materna.

• Chegar a impartir o 50% da materia en lingua inglesa e que non afecte aos criterios mínimos para chegar ao aprobado por non ter un nivel excesivo na mesma.

3.2- EDUCACIÓN PLÁSTICA VISUAL E AUDIOVISUAL

Os obxectivos da área son os mesmos que figuran na programación anual incidindo a maiores no 5 e no 10 no emprego da lingua inglesa como lingua vehicular da aula.

1. Recoñecer a importancia da imaxe nos medios de comunicación de masas, a súa influencia no pensamento social e actuar de modo crítico ante as mensaxes visuais.

2. Valorar a expresión plástica como medio de expresión artística de sociedades e culturas diferentes. Apreciala como un xeito de entendemento e concordia entre pobos, valorando as súas similitudes e diferenzas.

3. Recoñecer, comprender e valorar as manifestacións da cultura galega, apreciando o patrimonio cultural e contribuíndo á súa conservación e mellora. 4. Sensibilizar ao alumnado ante o goce artístico e acadar os recursos suficientes para apreciar as diferentes representacións artísticas.

5. Adquirir e empregar con precisión a terminoloxía específica da linguaxe plástica e visual tanto en castelán coma en inglés.

6. Desenvolver o pensamento lóxico e matemático na resolución do proceso creativo aplicado á representación de formas e espazos mediante o emprego das proporcións e da perspectiva.

7. Expresarse con creatividade, utilizando as diversas ferramentas e técnicas plásticas e visuais, relacionándoas con outras linguaxes e aplicando nas súas creacións as tecnoloxías da información e da comunicación máis adecuadas.

8. Utilizar a linguaxe plástica para expresar emocións e sentimentos, vivencias e ideas, contribuíndo á comunicación, reflexión crítica e respecto entre as persoas.

9. Planificar e reflexionar, de forma individual ou colectiva, sobre o proceso de realización dun obxecto partindo duns obxectivos prefixados e revisar e valorar, ao final de cada fase, o estado do seu desenvolvemento.

10. Aplicar as distintas técnicas de traballo cooperativo fomentando a responsabilidade e favorecendo o diálogo e a comunicación empregando as dúas linguas castelán e inglés ata nun 50% do tempo semanal de clase.

11. Establecer unha actitude positiva ante os novos retos, admitindo os erros e valorando os acertos como parte do proceso de formación do individuo.

 



page | by Dr. Radut