O noso centro, coa valiosa colaboración do CFR de Ferrol, está a participar nun proxecto Erasmus+ relacionado coas linguas.
Neste mes de novembro levouse a cabo a mobilidade dunha profesora do centro á cidade de Tulcea (Romanía) para participar no curso “Transdiciplinarity through outdoor learning in Danube Delta”. Durante cinco días o profesorado participante traballou de xeito teórico e práctico en cómo desenvolver actividades ao aire libre para calquera materia e visitaron dous centros escolares: Unha pequena escola rural no corazón do delta do Danubio e o instituto de ensino secundario Spiru Haret na cidade de Tulcea.
Galería de imaxes
|