|
|
Durante o curso 16/17 no IES SOFIA CASANOVA desenvolvimos ao longo do curso o proxecto de recreos activos, organizando actividades diversas para o alumnado do centro. Planificamos diferentes actividades para cada recreo do día, e fúmolas variando cada 2 meses. A participación do alumnado foi todo un éxito, estando o pavillón sempre cheo en tódalas actividades que se promocionaron e que detallamos a continuación: Deportes de raqueta Torneo de Badminton Torneo de Fútbol Torneo de Voleibol Actividades con Patíns Deseño de coreografías de HIP HOP Floorball Imaxes e vídeos
|