Taboleiro

PROCEDEMENTO PARA SOLICITAR PRAZA NA FP BÁSICA PARA O CURSO 22/23

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS 

PRAZO PARA PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN: (preme aquí para ver o calendario de actuacións)

O prazo para presentar as solicitudes no centro será do 27 de xuño ás 9:00 horas ao 6 de xullo ás 13:00 horas.

So poderán presentar solicitude aquel alumnado que foi proposto para cursar FP Básica por cada un dos equipos docentes nas sesións da terceira avaliación.

2. DOCUMENTACIÓN QUE A FAMILIA DEBE ENTREGAR NO CENTRO PARA A MATRÍCULA:

1.DOCUMENTO OFICIAL DE IDENTIDADE, DNI OU NIE.

2.DOCUMENTO DE CONSENTIMENTO: (preme aquí para descargar o documento)

O documento de consentimento deberá vir debidamente cuberto e asinado por calquera das persoas titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto co documento, a resolución xudicial correspondente para que o centro educativo a cotexe.

De non entregar este documento no prazo que se estableza, entenderase que non dan o consentimento.

3.SOLICITUDE DE ADMISIÓN E MATRÍCULA: (preme aquí para descargar a solicitude)

Faranse constar dous ciclos de grao básico por orde de preferencia e outros dous que serán de reserva no caso de non obter praza en ningún dos dous primeiros.

Unha vez rexistrada a solicitude polo centro, entregaráselle a familia un resgardo de solicitude (código de solicitude único e código persoal de consulta), que será entregado, selado e datado, á persoa solicitante ou ás súas persoas representantes, como documentación acreditativa da presentación da solicitude. O código de solicitude e o código persoal de consulta deste resgardo permitirán un acceso individualizado das persoas solicitantes aos seus datos persoais no proceso de admisión. Tamén permitirán a consulta das listaxes públicas, xa que non poden conter datos de identificación.

Os resgardos da solicitude deberán ser asinados pola persoa solicitante. Se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinado por calquera das persoas titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para que o centro educativo a cotexe.

4. CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade e se se dá algunha das seguintes situacións:

1º. Non autorizar a consulta dos datos relativos ao certificado de discapacidade en poder da Administración autonómica de Galicia, de conformidade co artigo 4 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos.

2º. Se o órgano competente para emitir o certificado de discapacidade non pertence á Administración autonómica de Galicia.

3. LISTAXES E INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

Quen desexar información puntual no relativo ás publicacións en todo o proceso poderá dirixirse á páxina web http://www.edu.xunta.gal/fp onde se publicarán as listaxes correspondentes ou ben ao seu centro de orixe, ou a aquel en que se lle asigne praza. Estas listaxes terán efectos de comunicación para as persoas participantes.

O día 8 de xullo publicarase a listaxe provisional de persoas propostas para a incorporación ás ensinanzas de formación profesional básica coa información das solicitudes. Os centros de orixe comprobarán a corrección da información publicada e terán ata o día 12 de xullo ás 14.00 horas para realizar as emendas que sexan necesarias.

O día 20 de xullo publicarase a listaxe definitiva de solicitudes coa información das solicitudes que se empregará para realizar a asignación de prazas.

O mesmo día 20 de xullo farase pública a listaxe do alumnado admitido e non admitido en cada ciclo formativo de grao básico.

Contra esta listaxe, as persoas solicitantes poderán presentar desde o día 20 ata o día 22 de xullo, ante a dirección dos centros públicos ou ante quen exerza a titularidade dos centros privados, a correspondente reclamación.

Contra o resultado desta reclamación, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada, no caso dos centros públicos, ou formular reclamación, no caso dos centros privados, ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comunicación.

Logo de publicada a listaxe do alumnado admitido, a comisión de escolarización autorizará os centros para comunicar co alumnado e realizar as correspondentes matrículas, tanto das persoas que teñan praza asignada como daquelas ás cales lles sexa asignada pola comisión de escolarización en adxudicación subsidiaria. Para estes efectos empregarase a aplicación informática CiclosAdmisión.

 

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 22/23

A partires de mañá xoves 19 de maio e ata o 22 de xuño (incluído) estará aberto o prazo para presentar as solicitudes de axuda de material escolar para o curso 22/23. Aquí tendes un resumo da:

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e materialescolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23

 Artigo 3. Renda per cápita da unidade familiar

1. Para os efectos desta orde, a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2020 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

Artigo 4. Membros computables da unidade familiar

1. Para os efectos desta orde, terán a consideración de membros computables da unidade familiar:

a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración que os/as fillos/as as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar ou preadoptivo legalmente constituído.

c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

d) Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

e) Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

f) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, agás nos casos de custodia compartida.

3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado(ED330B-anexo I e anexo II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 11. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

PODES DESCARGAR A ORDE COMPLETA DENDE AQUÍ

CALENDARIO DE RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS FINAIS E ÁS DECISIÓNS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN-CURSO 21/22

No cadro adxunto podedes consultar o procedemento a seguir e o calendario de actuacións para presentar reclamacións ás decisións de promoción ou titulación así como ás cualificacións finais das diferentes materias.

Preme sobre a imaxe para ampliala

PREMATRÍCULAS PARA 3º Y 4º ESO CURSO 22/23

Preme onde corresponda para acceder ao formulario...

 

ADAPTACIÓN DOS CRITERIOS DE TITULACIÓN E PROMOCIÓN CURSO 21/22

Atendendo á disposición transitoria cuarta da orde do 25 de xaneiro de 2022 (DOG do 11 de febreiro) pola que se actualiza a normativa de avaliación na ensinanza de educación secundaria, o centro presenta a adaptación da súa concreción curricular para cumprir coa normativa vixente.

Cántas veces darase información ás familias sobre o rendemento do alumnado?

Ao longo de cada curso dárase información ás familias do rendemento do alumnado en tres ocasións de forma parcial. Así mesmo, farase o seguimento da recuperación das materias pendentes, se for o caso.

O período abranguido entre a terceira avaliación parcial (6 de xuño) e a avaliación final (23 de xuño) dedicarase a actividades de apoio, reforzo, recuperación, ampliación e titoría. Nese sentido, para o alumnado que teña materias ou ámbitos con partes sen superar logo de realizada a terceira avaliación parcial, o profesorado realizará un breve informe de avaliación individualizado coas correspondentes actividades de recuperación. A cualificación definitiva das materias farase efectiva na avaliación final de curso.

Na avaliación final de cada curso realizarase unha valoración das competencias clave.

Quén promociona dun curso a outro?

Segundo o artigo 8º da orde do 25 de xaneiro de 2022 (DOG do 11 de febreiro) pola que se actualiza a normativa de avaliación na ensinanza de educación secundaria, no seu apartado 1 afírmase que a decisión sobre a promoción ...será adoptada de xeito colexiado, atendendo á consecución dos obxectivos, ao grao de adquisición das competencias establecidas e á valoración das medidas que favorezan o progreso da alumna ou do alumno, e tendo en conta os criterios de promoción...

No seu apartado 2 afírmase que acadará a promoción dun curso a outro o alumnado que superase as materias ou os ámbitos cursados ou teña avaliación negativa nunha ou dúas materias, considerándose para o cómputo as materias non superadas do propio curso e as de cursos anteriores.

Ademais de nos casos anteriores, o equipo docente poderá decidir a promoción dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran tamén TODAS as condicións seguintes:

a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.

b) Que o equipo docente considere que a natureza das materias non superadas lle permite seguir con éxito o curso seguinte.

c) Que o equipo docente considere que ten expectativas favorables de recuperación.

d) Que o equipo docente considere que a devandita promoción beneficiará a súa evolución académica.”

Para o alumnado con adaptación curricular os referentes da avaliación e promoción serán “...os incluídos na devandita adaptación, sen que isto poida impedirlle a promoción ao seguinte curso...”(artigo 7.2 da orde do 25 de xaneiro de 2022 (DOG do 11 de febreiro) pola que se actualiza a normativa de avaliación na ensinanza de educación secundaria).

O equipo docente de cada grupo é o responsable final da avaliación do nivel competencial do alumnado. As súas decisións reflectiranse no Informe de avaliación individual ao remate do curso expresando o nivel de logro das competencias nos termos de “insuficiente (IN), para as cualificacións inferiores a 5 puntos; suficiente (SU), para as cualificaciones entre 5 e 5.99 puntos; ben (BE), para as cualificacións entre 6 e 6.99 puntos; notable (NT), para as cualificacións entre 7 e 8.99 puntos ou sobresaliente (SB), para as cualificacións entre 9 e 10 puntos.

Na acta de avaliación quedarán reflectidas as decisións do equipo docente para cada alumno ou alumna referidas aos apartados b), c) e d) anteriormente descritos.

O alumnado que acade a promoción de curso con materias sen superar deberá seguir un plan de reforzo en cada unha desas materias, destinado á súa recuperación e á súa superación.

O alumnado que non acade a promoción permanecerá un ano máis no mesmo curso. A permanencia no mesmo curso planificarase de maneira que as condicións curriculares se adapten ás necesidades do alumnado e estean orientadas á superación das dificultades detectadas, así como ao avance e ao afondamento nas aprendizaxes xa adquiridas. Estas condicións recolleranse nun plan específico personalizado (artigo 52.1 da ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación).

En todo caso, a alumna ou o alumno poderá permanecer no mesmo curso unha soa vez, e dúas veces como máximo ao longo do ensino obrigatorio. De xeito excepcional poderase permanecer un ano máis no cuarto curso, aínda que se esgotase o máximo de permanencia, sempre que o equipo docente considere que esta medida favorece a adquisición das competencias establecidas para a etapa. Neste caso poderase prolongar un ano o límite de idade a que se refire o artigo 4.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Quén obtén o título de Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria?

“Ao finalizar o cuarto curso da etapa e como consecuencia do proceso de avaliación, o equipo docente da alumna ou do alumno, na sesión de avaliación final, decidirá sobre a súa titulación. A decisión será adoptada de xeito colexiado, atendendo á adquisición das competencias establecidas e á consecución dos obxectivos da etapa” (artigo 10.1 da orde do 25 de xaneiro de 2022 (DOG do 11 de febreiro) pola que se actualiza a normativa de avaliación na ensinanza de educación secundaria).

Para o alumnado con adaptación curricular os referentes da avaliación e titulación serán “...os incluídos na devandita adaptación, sen que isto poida impedirlle a obtención do título de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria”(artigo 7.2 da orde do 25 de xaneiro de 2022 (DOG do 11 de febreiro) pola que se actualiza a normativa de avaliación na ensinanza de educación secundaria).

Segundo o artigo 10.2 da orde do 25 de xaneiro de 2022 (DOG do 11 de febreiro) pola que se actualiza a normativa de avaliación na ensinanza de educación secundaria,“...obterá o título de graduado en educa- ción secundaria obrigatoria o alumnado que supere todas as materias ou ámbitos cursados.

Ademais de no caso anterior, o equipo docente poderá decidir a obtención do título por parte dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran tamén TODAS as condicións seguintes:

a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.

b) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno adquirise as competencias establecidas.

c) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno alcanzase os obxectivos da etapa.”

Procedemento para valorar o grao de adquisición das competencias establecidas

O equipo docente de cada grupo é o responsable final da avaliación do nivel competencial do alumnado. As súas decisións reflectiranse noInforme de avaliación individual aoremate da etapa expresando o nivel de logro das competencias nos termos de “insuficiente (IN), para as cualificacións inferiores a 5 puntos; suficiente (SU), para as cualificaciones entre 5 e 5.99 puntos; ben (BE), para as cualificacións entre 6 e 6.99 puntos; notable (NT), para as cualificacións entre 7 e 8.99 puntos ou sobresaliente (SB), para as cualificacións entre 9 e 10 puntos.

Actuacións nas sesións de avaliación

Previamente á sesión de avaliación final cada profesora e profesor realizaría unha valoración de cada alumno ou alumna. Esta valoración incluirá a de todas as competencias relacionadas coas áreas que imparte. A efectos de decidir esta relación entre áreas e competencias terase en conta o que establece o currículo de Educación Secundaria.

Para elo, o profesorado terá en conta os indicadores de logro para a avaliación das competencias aportados nas rúbricas de avaliación das competencias da etapa.

O equipo docente, reunido en sesión conxunta na avaliación final, procederá a valorar o nivel de logro de adquisición das competencias básicas do alumnado dun grupo. Esta valoración esixe chegar a acordos en relación con todas as competencias básicas.

  • Na sesión de avaliación se porán en común as puntuacións de cada indicador de logro para cada competencia.
  • A puntuación obtida en cada indicador será o resultado de aplicar o promedio das puntuacións do equipo docente.
  • A puntuación obtida en cada competencia será o resultado de aplicar o promedio das puntuacións dos indicadores de logro que compoñen a competencia
  • Se unha vez obtida a nota da competencia, non hai acordo do equipo docente, a decisión do profesorado máis implicado na competencia terá máis peso e relevancia á hora de adoptar os acordos.

CCL: Departamentos de LC; LG; ING; FRA

CMCCT/CSIEE/CD: Departamentos de MAT; FQ; TEC; BIO

CSC: Departamentos de XH; REL

CAA: Todos os Departamentos.

CCEC: Departamentos de EF; EPVA; MUS

O alumnado que non acade a titulación poderá permanecer un ano máis no mesmo curso, sempre e cando non exceda o número máximo de repeticións (dúas) ao longo do ensino obrigatorio. De xeito excepcional poderase permanecer un ano máis no cuarto curso, aínda que se esgotase o máximo de permanencia, sempre que o equipo docente considere que esta medida favorece a adquisición das competencias establecidas para a etapa. Neste caso poderase prolongar un ano o límite de idade a que se refire o artigo 4.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A permanencia no mesmo curso planificarase de maneira que as condicións curriculares se adapten ás necesidades do alumnado e estean orientadas á superación das dificultades detectadas, así como ao avance e ao afondamento nas aprendizaxes xa adquiridas. Estas condicións recolleranse nun plan específico personalizado (artigo 52.1 da ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación).

No arquivo adxunto pódense consultar as rúbricas de competencias de etapa que van a ser empregadas no proceso de avaliación para a obtención do título de Graduado/a en Educación Secundaria no centro:

 

 

MODIFICACIÓN DO PROTOCOLO COVID DO CENTRO

MODIFICACIÓN DO PROTOCOLO COVID-19 DO CENTRO

 Uso da máscara durante o recreos (ACTUALIZADO AO 18/03/22)

 

O día 9 de febreiro o Ministerio de Sanidade publicou o seguinte documento:

Aplicación de la legislación sobre la obligatoriedad del uso de mascarilla en centros educativos (Real Decreto 115/2022, de 8 de febrero, por el que se modifica la obligatoriedad del uso de mascarillas durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19 (https://www.sanidad.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos/COVID-19_Obligatoriedad_mascarillas_centros_educativos.pdfelaborado na Ponencia de Promoción da Saúde do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

A modo de resumen, este documento do Ministerio de Sanidade establece que:

1. O uso de máscara en interiores continúa a ser obrigatorio para todas as persoas maiores de 6 anos (e recomendable para maiores de 3 anos) salvo aquelas casuísticas previstas na normativa.

2. O uso de máscaras en espazos ao aire libre será obrigatorio naqueles casos específicos nos que se organicen eventos multitudinarios nos que os asistentes estean de pé, ou se están sentados e non se poda manter unha distancia de seguridade de cando menos 1,5 metros entre persoas.

Puntualiza o documento que, tendo en conta a definición da OMS de evento multitudinario e dadas as medidas actuais de limitacións en centros educativos, así como a interpretación da norma respecto a eventos multitudinarios, considérase que a interacción nos centros educativos na actividade educativa ordinaria ao aire libre non se corresponde con eventos multitudinarios.

3. O resto de previsións da Declaración de Actuaciones Coordinadas (DAC) en Salud Pública frente al COVID-19 para centros educativos durante el curso 2021-2022 e no documento de “Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente a COVID-19 para centros educativos”, seguen en vigor.

 

O día 18 de marzo nunha Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos, subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade

Tendo en conta todo o anterior e que a maioría da comunidade educativa ten a pauta completa de vacunación, no IES SANXENXO establécese o seguinte:

  • Eliminanse as zonas de estancia dos diferentes niveis durante o recreos podendo, o alumnado, moverse libremente por todo o patio exterior do centro. Con esta medida preténdese que o alumnado estea máis disperso (desprazamentos polo patio, zona de xogos,  zonas para falar…) ainda que se mesturen os niveis.
  • Os intinerarios de entradas e saídas aos recreos, nas primeiras e últimas horas e a movilidade interna polo centro mantéñense sen cambios.
  • A alumnado poderá prescindir, de xeito voluntario, do uso da máscara unha vez saia ao patio do centro no recreos. Será necesario poñe-la máscara para entrar nos edificios do centro e na cafetería.
  • En caso de choiva seguirase o protocolo que viña sendo aplicado dende o principio do curso. O alumnado quedará no interior da súa aula.
  • O alumnado poderá prescindir, de xeito voluntario, do uso da máscara unha vez saia ao patio do centro durante as sesións de Educación Física que se desenvolvan do exterior do centro.

O resto das medidas que aparecen no plan de continxencia do centro (intineriarios de entrada, hixiene de mans, distancia nas clases,…) mantéñense inalteradas.

Estas modificacións das medidas entrarán en vigor o luns 21 de marzo.

 

En Sanxenxo a, 18 de marzo de 2022

 

O Director

Carlos Santiso Medín

ENQUISA DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA ALUMNADO

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO

Unha vez celebradas as eleccións para a renovación do consello escolar do centro, estos son os resultados das mesmas por sectores:

SECTOR PROFESORADO:

CANDIDATURAS ELIXIDAS VOTOS OBTIDOS (letras) VOTOS OBTIDOS (cifras)
GONZÁLEZ HERNÁNDEZ, Mª BEGOÑA VINTE UN 21
BÚA PINTOS, Mª ALICIA VINTE 20
IGLESIAS MUÍÑOS, XOSÉ VINTE 20
MONTERO MÍGUEZ, ELENA DEZANOVE 19
DE LA TORRE RODRÍGUEZ, RICARDO TRECE 13

SECTOR ALUMNADO:

CANDIDATURAS ELIXIDAS VOTOS OBTIDOS (letras) VOTOS OBTIDOS (cifras)
INFANZÓN SABARÍS, MARTA CENTO CORENTA E SETE 147
SANMARTÍN FRAGA, MANUEL CENTO DEZAOITO 118
INFANZÓN SABARÍS, ALBA CENTRO TRECE 113
SERANTES SOUTO, PAOLA CENTO DEZ 110
     

 

CANDIDATURAS NON ELIXIDAS VOTOS OBTIDOS (letras) VOTOS OBTIDOS (cifras)
SEGADO PAZOS, PABLO NOVENTA E CATRO 94
MARCOS SOLER, CARMEN CORENTA E SEIS 46
     
     
     

SECTOR FAMILIAS:

CANDIDATURAS ELIXIDAS VOTOS OBTIDOS (letras) VOTOS OBTIDOS (cifras)
AFONSO MARTÍNEZ, MONTSERRAT UN 1
FRAGA SANMARTÍN, BELÉN UN 1
     
     
     

PERSOAL NON DOCENTE:

SANTAMARÍA SEIJAS, JUSTA

REPRESENTANTE DO CONCELLO:

JAIME LEIRO OTERO

REPRESENTANTE DA ANPA:

MÓNICA LÓPEZ MÉNDEZ

RELACIÓN DE CANDIDATURAS SECTOR ALUMNADO, ÁS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria de tres do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste IES fai pública a relación de nomes dos/as candidatos/as que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:

 

        1. Infanzón Sabarís, Alba
        2. Infanzón Sabarís, Marta
        3. Marcos Soler, Carmen
        4. Sanmartín Fraga, Manuel
        5. Segado Pazos, Pablo
        6. Serantes Souto, Paola

 

De acordo co disposto no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a CATRO representantes do alumnado, dun total de 4 que debe ter o Consello Escolar.

 

Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de alumnado para o Consello Escolar do 5 de novembro, a campaña electoral comprenderá dende o 18 ao 22 de novembro, ambos días inclusive. 

 

O que se fai público para xeral coñecemento

 

Sanxenxo, a 18 de novembro de 2021

 

O DIRECTOR DO CENTRO E

  PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL,

Carlos Santiso Medín

 

INSTRUCCIÓNS PARA O PRIMEIRO DÍA DE CURSO 15/09/2021

¡¡BENVIDOS E BENVIDAS A TOD@S A UN NOVO CURSO NO IES SANXENXO!!

O MÉRCORES 15 DE SETEMBRO comezamos unha nova andaina no centro. Este vai ser o segundo curso en pandemia e esperemos que co paso das semanas poidamos relaxar as medidas en función do que diten as autoridades sanitarias. Mentras tanto comezaremos o curso co mesmo protocolo COVID que tiñamos o curso pasado.

Para poder acceder ao centro o primeiro día teredes que seguir as seguintes indicacións:

- AS FAMILIAS NON PODERÁN ACCEDER A O INTERIOR DO RECINTO DO INSTITUTO DEIXANDO AOS/AS RAPACES E RAPAZAS NA PORTA EXTERIOR DO RECINTO.

- AS FAMILIAS TERÁN QUE CONSULTAR NA APP "ABALAR MÓBIL" O GRUPO NO QUE SE ATOPA O SEU FILLO/A.

- A CONTINUACIÓN TERÁN QUE ATOPAR NOS PLANOS QUE APARECEN NA ENTRADA DA WEB QUE DÍ "INSTRUCCIÓNS DE MOBILIDADE EXTERNA E INTERNA DO CENTRO" O LUGAR NO QUE SE ATOPA A SÚA AULA.

- CADA PERCORRIDO ESTARÁ SINALADO CUNHA COR EN FUNCIÓN DO LUGAR DO CENTRO AO QUE HAI QUE CHEGAR.

- UNA VEZ QUE O ALUMNADO ENTRE NO RECINTO ESCOLAR TEN QUE IR DIRECTAMENTE CARA A SÚA AULA. NON PODERÁ HABER ALUMNADO AGRUPADO NO EXTERIOR DO EDIFICIO.

- AS PORTAS DO CENTRO ESTARÁN ABERTAS A PARTIRES DAS 9:15 horas.

- DURANTE AS DÚAS PRIMEIRAS HORAS DA MAÑÁ ESTARÁN COS SEUS TITORES/AS PARA EXPLICARLLES O FUNCIONAMENTO DO CURSO E, A PARTIRES DA TERCEIRA HORA HABERÁ SESIÓNS DE CLASE SEGUNDO O HORARIO QUE SE LLES FACILITARÁ NA SESIÓN DE TITORÍA. O ALUMNADO DEBERÍA DE VIR PROVISTO DUNHA LIBRETA E UN BOLÍGRAFO OU LÁPIS.

- O ALUMNADO TRANSPORTADO VOLTARÁ A SUBIR AO SEU AUTOBÚS NO MESMO SITIO ONDE ÉSTE O DEIXOU A PRIMEIRA HORA. É RECOMENDABLE QUE O ALUMNADO SAIBA O NOME E O NÚMERO DA RUTA QUE LLE CORRESPONDE PARA EVITAR CONFUSIÓNS.

Powered by Drupal - Design by artinet