ADAPTACIÓN DOS CRITERIOS DE TITULACIÓN E PROMOCIÓN CURSO 21/22

Atendendo á disposición transitoria cuarta da orde do 25 de xaneiro de 2022 (DOG do 11 de febreiro) pola que se actualiza a normativa de avaliación na ensinanza de educación secundaria, o centro presenta a adaptación da súa concreción curricular para cumprir coa normativa vixente.

Cántas veces darase información ás familias sobre o rendemento do alumnado?

Ao longo de cada curso dárase información ás familias do rendemento do alumnado en tres ocasións de forma parcial. Así mesmo, farase o seguimento da recuperación das materias pendentes, se for o caso.

O período abranguido entre a terceira avaliación parcial (6 de xuño) e a avaliación final (23 de xuño) dedicarase a actividades de apoio, reforzo, recuperación, ampliación e titoría. Nese sentido, para o alumnado que teña materias ou ámbitos con partes sen superar logo de realizada a terceira avaliación parcial, o profesorado realizará un breve informe de avaliación individualizado coas correspondentes actividades de recuperación. A cualificación definitiva das materias farase efectiva na avaliación final de curso.

Na avaliación final de cada curso realizarase unha valoración das competencias clave.

Quén promociona dun curso a outro?

Segundo o artigo 8º da orde do 25 de xaneiro de 2022 (DOG do 11 de febreiro) pola que se actualiza a normativa de avaliación na ensinanza de educación secundaria, no seu apartado 1 afírmase que a decisión sobre a promoción ...será adoptada de xeito colexiado, atendendo á consecución dos obxectivos, ao grao de adquisición das competencias establecidas e á valoración das medidas que favorezan o progreso da alumna ou do alumno, e tendo en conta os criterios de promoción...

No seu apartado 2 afírmase que acadará a promoción dun curso a outro o alumnado que superase as materias ou os ámbitos cursados ou teña avaliación negativa nunha ou dúas materias, considerándose para o cómputo as materias non superadas do propio curso e as de cursos anteriores.

Ademais de nos casos anteriores, o equipo docente poderá decidir a promoción dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran tamén TODAS as condicións seguintes:

a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.

b) Que o equipo docente considere que a natureza das materias non superadas lle permite seguir con éxito o curso seguinte.

c) Que o equipo docente considere que ten expectativas favorables de recuperación.

d) Que o equipo docente considere que a devandita promoción beneficiará a súa evolución académica.”

Para o alumnado con adaptación curricular os referentes da avaliación e promoción serán “...os incluídos na devandita adaptación, sen que isto poida impedirlle a promoción ao seguinte curso...”(artigo 7.2 da orde do 25 de xaneiro de 2022 (DOG do 11 de febreiro) pola que se actualiza a normativa de avaliación na ensinanza de educación secundaria).

O equipo docente de cada grupo é o responsable final da avaliación do nivel competencial do alumnado. As súas decisións reflectiranse no Informe de avaliación individual ao remate do curso expresando o nivel de logro das competencias nos termos de “insuficiente (IN), para as cualificacións inferiores a 5 puntos; suficiente (SU), para as cualificaciones entre 5 e 5.99 puntos; ben (BE), para as cualificacións entre 6 e 6.99 puntos; notable (NT), para as cualificacións entre 7 e 8.99 puntos ou sobresaliente (SB), para as cualificacións entre 9 e 10 puntos.

Na acta de avaliación quedarán reflectidas as decisións do equipo docente para cada alumno ou alumna referidas aos apartados b), c) e d) anteriormente descritos.

O alumnado que acade a promoción de curso con materias sen superar deberá seguir un plan de reforzo en cada unha desas materias, destinado á súa recuperación e á súa superación.

O alumnado que non acade a promoción permanecerá un ano máis no mesmo curso. A permanencia no mesmo curso planificarase de maneira que as condicións curriculares se adapten ás necesidades do alumnado e estean orientadas á superación das dificultades detectadas, así como ao avance e ao afondamento nas aprendizaxes xa adquiridas. Estas condicións recolleranse nun plan específico personalizado (artigo 52.1 da ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación).

En todo caso, a alumna ou o alumno poderá permanecer no mesmo curso unha soa vez, e dúas veces como máximo ao longo do ensino obrigatorio. De xeito excepcional poderase permanecer un ano máis no cuarto curso, aínda que se esgotase o máximo de permanencia, sempre que o equipo docente considere que esta medida favorece a adquisición das competencias establecidas para a etapa. Neste caso poderase prolongar un ano o límite de idade a que se refire o artigo 4.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Quén obtén o título de Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria?

“Ao finalizar o cuarto curso da etapa e como consecuencia do proceso de avaliación, o equipo docente da alumna ou do alumno, na sesión de avaliación final, decidirá sobre a súa titulación. A decisión será adoptada de xeito colexiado, atendendo á adquisición das competencias establecidas e á consecución dos obxectivos da etapa” (artigo 10.1 da orde do 25 de xaneiro de 2022 (DOG do 11 de febreiro) pola que se actualiza a normativa de avaliación na ensinanza de educación secundaria).

Para o alumnado con adaptación curricular os referentes da avaliación e titulación serán “...os incluídos na devandita adaptación, sen que isto poida impedirlle a obtención do título de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria”(artigo 7.2 da orde do 25 de xaneiro de 2022 (DOG do 11 de febreiro) pola que se actualiza a normativa de avaliación na ensinanza de educación secundaria).

Segundo o artigo 10.2 da orde do 25 de xaneiro de 2022 (DOG do 11 de febreiro) pola que se actualiza a normativa de avaliación na ensinanza de educación secundaria,“...obterá o título de graduado en educa- ción secundaria obrigatoria o alumnado que supere todas as materias ou ámbitos cursados.

Ademais de no caso anterior, o equipo docente poderá decidir a obtención do título por parte dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran tamén TODAS as condicións seguintes:

a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.

b) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno adquirise as competencias establecidas.

c) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno alcanzase os obxectivos da etapa.”

Procedemento para valorar o grao de adquisición das competencias establecidas

O equipo docente de cada grupo é o responsable final da avaliación do nivel competencial do alumnado. As súas decisións reflectiranse noInforme de avaliación individual aoremate da etapa expresando o nivel de logro das competencias nos termos de “insuficiente (IN), para as cualificacións inferiores a 5 puntos; suficiente (SU), para as cualificaciones entre 5 e 5.99 puntos; ben (BE), para as cualificacións entre 6 e 6.99 puntos; notable (NT), para as cualificacións entre 7 e 8.99 puntos ou sobresaliente (SB), para as cualificacións entre 9 e 10 puntos.

Actuacións nas sesións de avaliación

Previamente á sesión de avaliación final cada profesora e profesor realizaría unha valoración de cada alumno ou alumna. Esta valoración incluirá a de todas as competencias relacionadas coas áreas que imparte. A efectos de decidir esta relación entre áreas e competencias terase en conta o que establece o currículo de Educación Secundaria.

Para elo, o profesorado terá en conta os indicadores de logro para a avaliación das competencias aportados nas rúbricas de avaliación das competencias da etapa.

O equipo docente, reunido en sesión conxunta na avaliación final, procederá a valorar o nivel de logro de adquisición das competencias básicas do alumnado dun grupo. Esta valoración esixe chegar a acordos en relación con todas as competencias básicas.

  • Na sesión de avaliación se porán en común as puntuacións de cada indicador de logro para cada competencia.
  • A puntuación obtida en cada indicador será o resultado de aplicar o promedio das puntuacións do equipo docente.
  • A puntuación obtida en cada competencia será o resultado de aplicar o promedio das puntuacións dos indicadores de logro que compoñen a competencia
  • Se unha vez obtida a nota da competencia, non hai acordo do equipo docente, a decisión do profesorado máis implicado na competencia terá máis peso e relevancia á hora de adoptar os acordos.

CCL: Departamentos de LC; LG; ING; FRA

CMCCT/CSIEE/CD: Departamentos de MAT; FQ; TEC; BIO

CSC: Departamentos de XH; REL

CAA: Todos os Departamentos.

CCEC: Departamentos de EF; EPVA; MUS

O alumnado que non acade a titulación poderá permanecer un ano máis no mesmo curso, sempre e cando non exceda o número máximo de repeticións (dúas) ao longo do ensino obrigatorio. De xeito excepcional poderase permanecer un ano máis no cuarto curso, aínda que se esgotase o máximo de permanencia, sempre que o equipo docente considere que esta medida favorece a adquisición das competencias establecidas para a etapa. Neste caso poderase prolongar un ano o límite de idade a que se refire o artigo 4.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A permanencia no mesmo curso planificarase de maneira que as condicións curriculares se adapten ás necesidades do alumnado e estean orientadas á superación das dificultades detectadas, así como ao avance e ao afondamento nas aprendizaxes xa adquiridas. Estas condicións recolleranse nun plan específico personalizado (artigo 52.1 da ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación).

No arquivo adxunto pódense consultar as rúbricas de competencias de etapa que van a ser empregadas no proceso de avaliación para a obtención do título de Graduado/a en Educación Secundaria no centro:

 

 

AdxuntoTamaño
Rúbricas de avaliación de competencias de etapa.pdf146.72 KB

Powered by Drupal - Design by artinet