Artigos

MODIFICACIÓN DO PROTOCOLO COVID DO CENTRO

MODIFICACIÓN DO PROTOCOLO COVID-19 DO CENTRO

 Uso da máscara durante o recreos (ACTUALIZADO AO 18/03/22)

 

O día 9 de febreiro o Ministerio de Sanidade publicou o seguinte documento:

Aplicación de la legislación sobre la obligatoriedad del uso de mascarilla en centros educativos (Real Decreto 115/2022, de 8 de febrero, por el que se modifica la obligatoriedad del uso de mascarillas durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19 (https://www.sanidad.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos/COVID-19_Obligatoriedad_mascarillas_centros_educativos.pdfelaborado na Ponencia de Promoción da Saúde do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

A modo de resumen, este documento do Ministerio de Sanidade establece que:

1. O uso de máscara en interiores continúa a ser obrigatorio para todas as persoas maiores de 6 anos (e recomendable para maiores de 3 anos) salvo aquelas casuísticas previstas na normativa.

2. O uso de máscaras en espazos ao aire libre será obrigatorio naqueles casos específicos nos que se organicen eventos multitudinarios nos que os asistentes estean de pé, ou se están sentados e non se poda manter unha distancia de seguridade de cando menos 1,5 metros entre persoas.

Puntualiza o documento que, tendo en conta a definición da OMS de evento multitudinario e dadas as medidas actuais de limitacións en centros educativos, así como a interpretación da norma respecto a eventos multitudinarios, considérase que a interacción nos centros educativos na actividade educativa ordinaria ao aire libre non se corresponde con eventos multitudinarios.

3. O resto de previsións da Declaración de Actuaciones Coordinadas (DAC) en Salud Pública frente al COVID-19 para centros educativos durante el curso 2021-2022 e no documento de “Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente a COVID-19 para centros educativos”, seguen en vigor.

 

O día 18 de marzo nunha Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos, subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade

Tendo en conta todo o anterior e que a maioría da comunidade educativa ten a pauta completa de vacunación, no IES SANXENXO establécese o seguinte:

  • Eliminanse as zonas de estancia dos diferentes niveis durante o recreos podendo, o alumnado, moverse libremente por todo o patio exterior do centro. Con esta medida preténdese que o alumnado estea máis disperso (desprazamentos polo patio, zona de xogos,  zonas para falar…) ainda que se mesturen os niveis.
  • Os intinerarios de entradas e saídas aos recreos, nas primeiras e últimas horas e a movilidade interna polo centro mantéñense sen cambios.
  • A alumnado poderá prescindir, de xeito voluntario, do uso da máscara unha vez saia ao patio do centro no recreos. Será necesario poñe-la máscara para entrar nos edificios do centro e na cafetería.
  • En caso de choiva seguirase o protocolo que viña sendo aplicado dende o principio do curso. O alumnado quedará no interior da súa aula.
  • O alumnado poderá prescindir, de xeito voluntario, do uso da máscara unha vez saia ao patio do centro durante as sesións de Educación Física que se desenvolvan do exterior do centro.

O resto das medidas que aparecen no plan de continxencia do centro (intineriarios de entrada, hixiene de mans, distancia nas clases,…) mantéñense inalteradas.

Estas modificacións das medidas entrarán en vigor o luns 21 de marzo.

 

En Sanxenxo a, 18 de marzo de 2022

 

O Director

Carlos Santiso Medín

PROCEDEMENTO PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DO CENTRO

A Consellería de educación ven de publicar unha orde para a adquisición e entrega de máscaras reutilizables para o alumnado matriculado no centro que cumpra cos requisitos expostos a continuación:


a) NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE:


O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022


b) TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE:


O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:


Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000

Alumnado matriculado en educación especial

Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia

Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

 

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

Forma de presentación da solicitude:

Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a ENTREGANDO O ANEXO I debidamente cuberto.

Prazo:

Do 15 ao 26 de novembro de 2021

PROGRAMA DE ACOLLIDA CURSO 21/22

Preme na imaxe para acceder a todo o documento

PLAN DE CONTINXENCIA CURSO 21/22

Preme sobre a imaxe para acceder ao documento

INSTRUCIÓNS DE MOBILIDADE EXTERNA E INTERNA NO CENTRO PARA O ALUMNADO E PROFESORADO CURSO 21/22

ENTRADAS E SAÍDAS A 1º E 6ª HORA

- Unha vez que o alumnado entre no centro, tanto si é transportado como non, terá que incorporarse á súa aula de 1ª hora seguindo o itinerario que se expón a continuación.

- O alumnado transportado accederá e sairá do centro SEMPRE POLA MESMA PORTA, en función da parada do seu autobús (prme sobre a imaxe para ampliala):

 

RUTA

LÍNEA

AUTOBÚS

LOCALIZACIÓN

1

NOSA SRA. DA LANZADA

MERCADO 2º/4º

2841

PORTA PRINCIPAL DO CENTRO

3

PORTONOVO

ENXIDO

3295

PORTA PRINCIPAL DO CENTRO

5

ULPIANO

A GRANXA

1326

PORTA PRINCIPAL DO CENTRO

2

CEMENTERIO

MERCADO 1º/3º

974

PORTA TRASEIRA DO CENTRO

4

NANÍN

PORTONOVO

1890

PORTA TRASEIRA DO CENTRO

6

CRUCE COTOS-DORRÓN

PORTONOVO P. ESPIÑEIRO

3229

PORTA TRASEIRA DO CENTRO

  

- Unha vez dentro do centro haberá CINCO RUTAS en función das portas de entrada e das aulas ás que se pode acceder por elas (Se premes sobre a imaxe as poderás ver ampliadas)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  ENTRADAS E SAÍDAS AO RECREO

- O alumnado estará, durante os recreos, en espazos diferenciados para cada nivel tal e como se mostra na imaxe (se premes sobre a imaxe os poderás ver ampliados)

- O alumnado de 1º da ESO e 2ºA, sairá e entrará ao patio pola porta da cafetería. O alumnado de 2º da ESO sairá e entrará ao patio pola porta lateral dereita. O alumnado de 3º da ESO sairá e entrará ao patio baixando e subindo pola rampa cara á porta principal do edificio e o alumnado de 4º da ESO pola porta traseira que da acceso ao ximnasio. 

 

MOBILIDADE INTERNA NO CENTRO:

- Os desprazamentos do alumnado e do profesorado nos cambios de sesión, entre a súa aula de referencia ás aulas específicas (ximnasio, tecnoloxía, plástica, música) ou as aulas de desdobre se fará seguindo un ITINERARIO UNIDIRECCIONAL que estará sinalado con frechas azuis no chan dos corredores (se premes sobre a imaxe poderás velo con máis detalle)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

PROTOCOLO COVID-19 DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

Preme sobre a imaxe para ver o protocolo elaborado polo departamento para o desenvolvemento das sesións de Educación Física con seguridade durante o curso 21/22

PLAN ADAPTACIÓN Á COVID 19

Powered by Drupal - Design by artinet