Skip to Content

1º bach. adultos

Secretaría: Atención ao público durante o período non lectivo de nadal

Durante o período non lectivo de nadal o horario de atención ao público da secretaría do centro será de 10:00 h a 12:00 h.

Período non lectivo de nadal:

Desde o día 23 de decembro de 2022 ata o 4 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.

*O día 5 de xaneiro de 2023 o centro permanecerá pechado.

Entrega de notas da 1ª avaliación (Diúrno e nocturno)

ESO

As notas publicaranse en ABALAR o mércores, día 30 de novembro, ás 20:00 h (1º ESO, 2º ESO, 3º ESO) e o venres, día 2 de decembro ás 20:00 h (4º ESO). Serán entregadas en formato físico polo/a titor/a a partir do xoves, día 1 de decembro (1º ESO, 2º ESO, 3º ESO) e a partir do mércores 7 de decembro (4º ESO). 

BACHARELATO

1º BACH

Obradoiro manga

Boa tarde!

O obradoiro  de manga farase extensivo a todo o alumnado aínda que non sexan socios do anpa.

O prezo é de 16 euros xeral e un desconto de 3 euros para socios  anpa.

Animádevos! 

Calendario de matrícula Curso 2022-2023

Calendario de matrícula para o curso 2022-2023

*Período oficial de matrícula do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2022

Calendario Fin de Curso 2021-22 (1º BACH Persoas Adultas)

No arquivo adxunto poderás consultar os horarios de exames e de entregas de notas correspondentes á avaliación ordinaria e extraordinaria do curso 2021-22 correspondentes ao 1º BACH de Persoas Adultas. Lembrade que para asistir ás probas debedes presentar o DNI.

Horarios para o curso 2021-2022

Confirmada a autorización da inspección educativa, comunicamos que, debido á situación excepcional e á aplicación dos protocolos sanitarios establecidos polas consellerías de Sanidade e Educación, os horarios para este curso serán:

ESO, 1º e 2º de bacharelato diurno:
     LUNS E MÉRCORES: De 8:30 a 15:00 horas
     MARTES, XOVES E VENRES: De 8:30 a 14:10

Bacharelato adultos:
     DE LUNS A  XOVES: De 17:00 a 22:30 horas
     VENRES: De 17:00 a 21 horas

Datas e horarios de matrícula en setembro para o curso 2021-22

As datas para a formalización da matrícula para o curso 2021_20 son do 1 ao 10 de setembro, no horario de 9:00 a 14:00 horas.


 

Calendario fin de curso ESO, ESA e 1º Bacharelato diúrno e adultos

Publicamos nos ficheiros adxuntos os calendarios de fin de curso para as ensinanzas de ESO, ESA e Bacharelato de diúrno e adultos: último día de clsae, entrega de notas e revisión de exames co profesorado e datas de matrícula.

No calendario da ESA II e ESA IV tamén se publican as datas de exames dos distintos módulos.

Calendario fin de curso 2018 19. ESO e 1º de Bacharelato diúrno e adultos

Xúntase o calendario de final de curso 2018/19 para ESO, ESA e 1º de BACHARELATO diurno e adultos. Inclúe datas de exames e entrega de notas, prazos de reclamacións e outras novas importantes.

 

Calendario de exames de 1º e 2º de Bacharelato adultos. Convocatoria xuño ordinaria e extraordinaria

Publicamos o horario de exames de adultos de 1º de BACHARELATO e da convocatoria extraordinaria de 2º de BACHARELATO de xuño que serán o luns 17, martes 18, mércores 19 e xoves 20 de xuño de 2019.

Distribuir contido


by Dr. Radut