Skip to Content

ESA 4

Horario extraordinario de atención da secretaría do centro

O luns, día 12 de decembro de 2022, o horario de atención ao público da secretaría do centro será de 12:00 h a 14:00 h.

Desculpen as molestias

Obradoiro manga

Boa tarde!

O obradoiro  de manga farase extensivo a todo o alumnado aínda que non sexan socios do anpa.

O prezo é de 16 euros xeral e un desconto de 3 euros para socios  anpa.

Animádevos! 

Inicio do curso 2022-2023

O xoves, día 8 de setembro de 2022, dará comezo o curso 2022-2023 cunha xornada de benvida escalonada por niveis (consultar documento adxunto) que terá unha duración aproximada de hora e media.

O alumnado recibirá o horario do seu grupo este mesmo día 8 de setembro e comezarán as actividades lectivas ordinarias o venres, día 9 de setembro.

 

1 de setembro, apertura do prazo de matrícula para ensinanzas de Persoas Adultas

O 1 de setembro comeza o prazo de matrícula para cursar estudos de 1º ou 2º de bacharelato no réxime de adultos e mais para a Educación Secundaria de Persoas Adultas, en concreto, ESA3 e ESA4, que son os cursos que ofertamos no IES Santa Irene.

Data e horario de exames das Probas Libres para a obtención do título da ESO (setembro 2022)

Os exames da convocatoria de setembro das Probas Libres para a obtención do título da ESO terán lugar o 2 de setembro de 2002.

Apertura do prazo de matrícula para a convocatoria extraordinaria das Probas Libres

 Do día 1 ao 8 de xullo estará aberto o prazo de matrícula para a convocatoria extraordinaria das Probas Libres (vid. adxunto)

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A)

Calendario de matrícula Curso 2022-2023

Calendario de matrícula para o curso 2022-2023

*Período oficial de matrícula do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2022

Horarios para o curso 2021-2022

Confirmada a autorización da inspección educativa, comunicamos que, debido á situación excepcional e á aplicación dos protocolos sanitarios establecidos polas consellerías de Sanidade e Educación, os horarios para este curso serán:

ESO, 1º e 2º de bacharelato diurno:
     LUNS E MÉRCORES: De 8:30 a 15:00 horas
     MARTES, XOVES E VENRES: De 8:30 a 14:10

Bacharelato adultos:
     DE LUNS A  XOVES: De 17:00 a 22:30 horas
     VENRES: De 17:00 a 21 horas

Xornadas de presentación curso 2021-2022

No arquivo pdf adxunto podedes consultar os horarios e días das presentacións do curso 2020-2021.

As listaxes dos cursos e grupos serán comunicadas a partir do día 14 de setembro.

Debido a situación sanitaria, rogamos non acudir con moita antelación para evitar aglomeracións. O alumnado debe permanecer no exterior do edificio mantendo as distancias de seguridade.

Datas e horarios de matrícula en setembro para o curso 2021-22

As datas para a formalización da matrícula para o curso 2021_20 son do 1 ao 10 de setembro, no horario de 9:00 a 14:00 horas.


 

Distribuir contido


by Dr. Radut