Skip to Content

ESA 3

APERTURA DO PRAZO DE MATRÍCULA PARA O ENSINO DE PERSOAS ADULTAS (CURSOS ESA III E ESA IV)

Desde o día 9 até o 17 de xaneiro estará aberto o prazo de matrícula para todo o alumnado de nova incorporación que queira cursar a Educación Secundaria polo réxime de Persoas Adultas. Para a matriculación deberán achegar a certificación académica dos estudos cursados con anterioridade, dúas fotos tamaño carné, unha fotocopia do DNI e dous euros para o Seguro Escolar.

Secretaría: Atención ao público durante o período non lectivo de nadal

Durante o período non lectivo de nadal o horario de atención ao público da secretaría do centro será de 10:00 h a 12:00 h.

Período non lectivo de nadal:

Desde o día 23 de decembro de 2022 ata o 4 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.

*O día 5 de xaneiro de 2023 o centro permanecerá pechado.

Horario extraordinario de atención da secretaría do centro

O luns, día 12 de decembro de 2022, o horario de atención ao público da secretaría do centro será de 12:00 h a 14:00 h.

Desculpen as molestias

Obradoiro manga

Boa tarde!

O obradoiro  de manga farase extensivo a todo o alumnado aínda que non sexan socios do anpa.

O prezo é de 16 euros xeral e un desconto de 3 euros para socios  anpa.

Animádevos! 

Inicio do curso 2022-2023

O xoves, día 8 de setembro de 2022, dará comezo o curso 2022-2023 cunha xornada de benvida escalonada por niveis (consultar documento adxunto) que terá unha duración aproximada de hora e media.

O alumnado recibirá o horario do seu grupo este mesmo día 8 de setembro e comezarán as actividades lectivas ordinarias o venres, día 9 de setembro.

 

Calendario de matrícula Curso 2022-2023

Calendario de matrícula para o curso 2022-2023

*Período oficial de matrícula do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2022

Calendario Fin de Curso 2021-2022 (ESA III e IV)

Nos arquivos adxuntos aparece a información dos horarios de exames e de entregas de notas das avaliacións ordinaria e extraordinaria da ESA III e da ESA IV.  Lembrade que todas aquelas persoas que se presenten aos exames finais deben vir co DNI. 

Avaliación extraordinaria da ESA (1º Cuadrimestre)

No mes de abril terá lugar a avaliación extraordinaria para os matriculados no 1º Cuadrimestre da ESA III e da ESA IV. Consulta o arquivo adxunto para coñecer as datas, as horas de avaliación e o día de entrega de notas. 

Exames finais da ESA III e ESA IV (1º Cuadriemestre)

Podedes consultar no ficheiro adxunto os exames finais do 1º Cuadrimestre da ESA III e da ESA IV que se desenvolverán na primeira semana de febreiro. 

Horarios para o curso 2021-2022

Confirmada a autorización da inspección educativa, comunicamos que, debido á situación excepcional e á aplicación dos protocolos sanitarios establecidos polas consellerías de Sanidade e Educación, os horarios para este curso serán:

ESO, 1º e 2º de bacharelato diurno:
     LUNS E MÉRCORES: De 8:30 a 15:00 horas
     MARTES, XOVES E VENRES: De 8:30 a 14:10

Bacharelato adultos:
     DE LUNS A  XOVES: De 17:00 a 22:30 horas
     VENRES: De 17:00 a 21 horas

Distribuir contido


by Dr. Radut