Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

Cancelación da viaxe a Londres

Ante a incerteza da situación e non tendo garantías de poder viaxar en setembro, a viaxe a Londres do alumnado de 1º de bacharelato prevista inicialmente para abril de 2020, foi cancelada.

A axencia de viaxes devolverá o diñeiro aportado agás 35€ de gastos de cancelación.

No documento adxunto atoparedes información importante sobre como será feita a devolución.

Acceso a ciclos FP: Calendario, prazas e criterios de selección

No seguinte enlace podedes consultar a información da Consellería sobre o acceso aos ciclos medio e superior de FP:  calendario e normativa básica sobre a distribución de prazas e os criterios de selección cando a demanda de prazas supera a oferta.

Enlace 

Devolución das chaves da taquilla do alumnado de Bacharelato

O alumnado de Bacharelato ten que devolver as chaves da taquilla ao secretario do centro entre os días 23 de xuño ao 3 de xullo, ao chegar ao instituto avisar en conserxería (deberán acudir con mascarilla e respectar a distancia de seguridade).

 

Devolución de libros da biblioteca

O alumnado que teña libros de préstamo da Biblioteca poden devolvelos na mesma. Cando entren no centro teñen que dirixirse á conserxería (deberán acudir con mascarilla e respectar a distancia de seguridade).

                          - Do luns 22 de xuño ata o venres 3 de xullo.

 

Departamento de orientación. E agora...a ABAU!

O Departamento de Orientación facilita no ficheiro adxunto uns sinxelos, bos e prácticos consellos para todo alumnado que rematado 2º Bacharelato vai á proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).

Información alumnado da ESO, pais e nais da devolución dos libros de texto do fondo solidario e chaves da taquilla

Achegamos o arquivo onde aparece o horario por día e curso para entregar os libros de texto do fondo solidario e as chaves da taquilla.

Probas ABAU: Información importante para o alumnado

No arquivo adxunto atoparedes toda a información relativa á celebración das probas ABAU 2020: matrícula, calendario, características da proba e instrucións para o alumnado.

Calendario de exames final de curso ESA III e ESA IV

Xuntamos o horario de final de curso para os exames extraordinarios do 1º cuadrimestre e os exames ordinarios do 2º cuadrimestre de ESA III e ESA IV.

Calendario fin de curso 2019/20 ESO, ESA e 1º de Bacharelato diúrno e adultos

Xúntase actualizado o calendario de final de curso 2019/20 para ESO, ESA e 1º de BACHARELATO diúrno e adultos. Inclúe datas de  entrega de notas, prazos de reclamacións e outras novas importantes. 

Información excursión 4º ESO

Debido ás circunstacias excepcionais derivadas do COVID-19, a excursión didáctica de 4º ESO queda anulada. O instituto está intentando xestionar coa axencia todo o referido á devolución das cantidades aportadas polo alumnado. A axencia ten que realizar unha serie de trámites á súa vez coa empresa maiorista contratada xa que o pago das reservas de albergue, actividades e viaxe xa foi realizado con anterioridade.



by Dr. Radut