Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

Pago de Taxas título de Bacharel Curso 2021-2022

Convocatoria Ordinaria

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato deberá aboar as taxas para a obtención do título de Bacharel. O xoves e venres, 19 e 20 de maio, de 09:00 a 14:00 horas, deberase entregar na secretaría do instituto dúas copias (unha delas devolverase selada como comprobante) do resgardo de ter realizado o pagamento.

No documento adxunto detállanse as instrucións de pago da taxa.

*Non facer o pago ata o mércores, 18 de maio.

Convocatoria Extraordinaria

Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021-2022

Orde do 31 de marzo de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021/22.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2022 e rematará o día 25 de maio de 2022.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36816

Admisión de novo alumnado para o curso 2022-2023

Xa están dispoñibles no taboleiro do centro as listaxes provisionais do alumnado admitido para o curso 2022-2023.

Prazo de reclamacións:

25 de abril ao 29 de abril (ámbolos dous inclusive)

Calendario Fin de Curso 2021-2022 (ESA III e IV)

Nos arquivos adxuntos aparece a información dos horarios de exames e de entregas de notas das avaliacións ordinaria e extraordinaria da ESA III e da ESA IV.  Lembrade que todas aquelas persoas que se presenten aos exames finais deben vir co DNI. 

Calendario Fin de Curso 2021-22 (1º BACH Persoas Adultas)

No arquivo adxunto poderás consultar os horarios de exames e de entregas de notas correspondentes á avaliación ordinaria e extraordinaria do curso 2021-22 correspondentes ao 1º BACH de Persoas Adultas. Lembrade que para asistir ás probas debedes presentar o DNI.

Calendario Fin de Curso 2021-22 (2º BACH PERSOAS ADULTAS)

No ficheiro adxunto poderás consultar os horarios de exames e de entregas de notas da avaliación ordinaria e extraordinaria do curso 2021-22 de 2º BACH de Persoas Adultas. Lembra que para presentarte ás probas debes vir co DNI.

Listaxe definitiva das probas libres

Hoxe foi publicada a listaxe definitiva das probas libres.

Vacacións de Semana Santa. Centro pechado

Comunícase a toda a comunidade escolar que a vindeira semana non haberá clase. Segundo contempla a ORDEN de 19 de mayo de 2021 por la que se aprueba el calendario escolar para el curso 2021/22 en los centros docentes sostenidos con fondos públicos en la Comunidad Autónoma de Galicia, o período vacacional comprende desde o día 11 ata o 18 de abril de 2022, ambos inclusive. As clases reanudaranse o martes 19 de abril.

Ademais o centro permanecerá pechado durante eses días para facer traballos de mantemento.

Calendario fin de curso 2021-2022 (2º Bacharelato)

Publicamos o calendario de fin de curso para os cursos de 2º de bacharelato segungo as datas determinadas pola ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Calendario fin de curso 2021-2022 (1º Bacharelato)

Publicamos o calendario de fin de curso para os cursos de 1º de bacharelato segungo as datas determinadas pola ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.



by Dr. Radut