Skip to Content

Probas libres da ESO. Convocatoria setembro. Publicación das listaxes definitivas de admitidos (validacións e exencións)

  • Publicación da listaxe definitiva de admitidos coas validacións e exencións de lingua galega: venres 21 de xullo de 2023. Poderá consultarse no taboleiro do centro.
  • A publicación das listas de alumnado distribuído por tribunal e sede da realización da proba publicarase antes do 18 de agosto de 2023.
  • As probas celebraranse, en sesións de mañá e tarde, o día 1 de setembro de 2023 (convocatoria extraordinaria).
  • sesión da mañá terá dúas partes:

    • Na primeira, das 9.30 ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.
    • Na segunda parte, das 12.15 ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora e Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música.

    Na sesión da tarde, das 16.00 ás 19.00 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de:

    a) Lingua galega e literatura.

    • a.1) Exercicio de redacción. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.
    • a.2) Cuestións de Lingua galega e literatura.

    b) Lingua castelá e literatura.

    • b.1) Exercicio de redacción. Realizarase conforme o disposto no punto a.1) para a Lingua galega e literatura.
    • b.2) Cuestións de Lingua castelá e literatura.

    c) Lingua estranxeira (inglés ou francés).

    Lembren que hai que presentar o DNI ou, no seu defecto, o pasaporte para poder acceder ao exame.



story | by Dr. Radut