Skip to Content

Solicitude ABAU alumnado NEAE

Poderá solicitar a aplicación deste procedemento o alumnado connecesidades específicas de apoio educativo matriculado en segundo de bacharelato ou ciclo formativo de grado superior de formación profesional que se presente á proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade no sistema universitario de Galicia (ABAU), cando requira unha adaptación específica para a súa realización.

As solicitudes deberán facerse unicamente a través do centro no que o/a estudante realizase os estudos de bacharelato ou equivalentes.

As adaptacións que pode prestar a CiUG están recollidas nosanexos I e II. Só se farán adaptacións para estudantes que xa tiveron estas adaptacións no bacharelato ou formación profesional.

Prazo de solicitudes
Para que a CiUG poida levar a cabo as medidas que se determinen, a data límite para o envío de solicitudes será o 04/02/2023, salvo casos excepcionais que xurdan con posterioridade.

AdxuntoTamaño
Normativa_NEAE.pdf195.4 KB
Procedemento_NEAE.pdf483.77 KB
AnexoI.pdf334 KB
AnexoII.pdf495.73 KB


story | by Dr. Radut