Skip to Content

Renovación parcial do Consello Escolar - Sector alumnado

Segundo o establecido na RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 30/09/2022), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE ALUMNADO, segundo as seguintes normas:
    1. Conforme o establecido no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 23 de xullo (DOG do 09/08/1996), corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 alumnos/alumnas, dun total de 4 que debe ter o Consello Escolar. Os outro representante do alumnado continúa como consecuencia da súa elección anterior no ano 2021.
    2.- As candidaturas correspondentes poderanse presentar a partir do día 9 de novembro ata as 14:00 horas do día 16 de novembro.
    3.- A mesa electoral estará formada pola Directora do Centro, que actuará como presidenta, e dous alumnos/alumnas elixidos por sorteo. O alumno/alumna de menor idade actuará como secretario/secretaria.
    4.- Cada alumno/a fará constar na papeleta das eleccións un máximo de 1 da lista de candidatos/as.
    5.- O voto será directo, secreto e non delegable.
    6.- Poderán actuar como supervisores da votación os alumnos que sexan avalados pola sinatura de dez electores.
    7.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.
Máis información na arquivo adxunto.

AdxuntoTamaño
5.3 Convocatoria electoral alumnado.pdf191.7 KB


story | by Dr. Radut