Skip to Content

Renovación parcial do Consello Escolar - Sector pais e nais do alumnado

Segundo o establecido na RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 30/09/2022), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:

 1.De acordo co disposto no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996), corresponde elixir no presente proceso electoral a 1 pai/nai,dun total de 3 que debe ter o Consello Escolar.

2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día 7 de novembro está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14:00 horas do día 14 de novembro.

3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do IES. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14:00 horas do citado día 16 de novembro.

4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais que non se presenten como candidatos/as, o día 17 de novembro, ás 15:05 horas. Dita mesa electoral estará composta pola Directora do Centro, que actuará como Presidenta, e catro pais/nais ou titores/as legais, actuando de secretario/a o de menor idade.

5.- A campaña electoral comprenderá dende o 17 ao 23 de novembro, ambos días inclusive. O día 24 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais/nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola sinatura de 10 electores/as.

7.- As votacións realizaranse neste IES o día 24 de novembro, de 19:30 a 20:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 19:20 horas.

8.- Na papeleta de votación cada elector/a fará constar un máximo de 1nome dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade á hora de votar, mediante exhibición do DNI ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor/a legal do alumnado, independentemente do numero de fillos/as matriculados/as.

10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío á Xunta Electoral do Centro.

11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

AdxuntoTamaño
5.1 Convocatoria electoral representantes.pdf252.93 KB


story | by Dr. Radut