Skip to Content

Pago de Taxas ABAU 2022

Instrucións para o pago de taxas ABAU 2022

Convocatoria ordinaria

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato e quere presentarse ao exame ABAU 2022 deberá aboar as taxas correspondentes.

No documento adxunto detállanse as instrucións de pago da taxa.

*Non facer o pago antes do mércores, día 18 de maio.

Convocatoria Extraordinaria

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato e quere presentarse ao exame ABAU 2022 deberá aboar as taxas correspondentes.

No documento adxunto detállanse as instrucións de pago da taxa.

*Non facer o pago ata o luns, 27 de xuño.

O aboamento do prezo da matrícula para as probas ABAU farase a través do proceso telemático da aplicación Nerta ou utilizando o impreso de liquidación que xera a mesma, no caso de que o procedemento se realice mediante a opción de prematrícula.
De conformidade co disposto no Decreto 103/2021, de 1 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema Universitario de Galicia para o curso académico 2021/22, o importe do prezo de matrícula para estas probas é de: 63,67 euros.


Serán de aplicación as exencións establecidas no artigo 12 do Decreto 103/2021, do 1 de
xullo:
Familia numerosa - Categoría Xeral
31,84 euros
Familia numerosa - Categoría Especial
Gratuíta
Persoas con discapacidade (>= 33%), vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero
Gratuíta
AXUDAS

Persoal das Universidades do SUG
Gratuíta

Nota
(1)Os beneficiarios/as de Familia Numerosa de Categoría Xeral e de Familia Numerosa de Categoría Especial deberán achegar, no momento da matrícula, xunto co xustificante bancario, fotocopia cotexada do carné de Familia Numerosa vixente no prazo da matrícula.

(2)A condición de persoa con discapacidade (>=33%), acreditarase no momento de formalización da matrículacoacorrespondenteresoluciónadministrativadoórganocompetenteda Comunidade Autónoma pola que se recoñecese a condición vixente no prazo de matrícula.

(3)A condición de vítima de acto terrorista acreditarase no momento de formalización da matrícula coa correspondente resolución administrativa pola que se recoñecese a condición, vixente no prazo de matrícula.

(4)A condición de vítima de violencia de xénero acreditarase no momento da formalización da matrícula, mediante calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

(5)AXUDASparaopagamentodePrezosPúblicosporServizosAdministrativos. Serán beneficiarias das axudas para o pagamento de Prezos Públicos por Servizos Administrativos todas as persoas que estean contempladas nalgún suposto das "Convocatorias de axudas e subvencións de Prezos Públicos" de calquera das tres universidades públicas do SUG para o presente curso académico:

Persoal docente e de administración e servizos, os seus fillos/as, así como o seu cónxuxe ou persoa con análoga relación das tres Universidades de Galicia terá a matrícula gratuíta.

A gratuidade deberá acreditarse mediante certificación dos respectivos Servizos de Persoal e, no caso de cónxuxe e fillos/as, ademais, por medio da fotocopia cotexada do Libro de Familia. A situación que dá dereito a axuda deberá estar vixente no prazo da matrícula.

AdxuntoTamaño
Instrucións_pago_taxas_abau_nerta_2022.pdf275.74 KB
Instruccións NERTA Alumnado ABAU_2022.pdf113.02 KB
Impreso_Pago presencial de taxa.pdf186.32 KB


story | by Dr. Radut