Skip to Content

Nota da dirección ante a xornada de folga de alumnos do día 26 de outubro

A dirección do IES Santa Irene quere informar ás familias do alumnado que, segundo as instruccións que proporcionou a Inspección no seu día, ante unha convocatoria de folga os estudantes a partir de 3º de ESO deciden por si mesmos se a secundan ou non, acolléndose ao seu dereito de reunión coletiva.

En ese caso as faltas do día considéranse xustificadas, non computando a efectos de sancións nin de perda de avaliación continua.

Por motivos de organización do centro pasarase unha folla de sinaturas polos distintos grupos, para saber de antemán os alumnos que pensan secundar a folga, e non avisar ás súas familias da falta de primeira hora.

Con posterioridade se comunicarán estas faltas aos responsables legais polas canles habituais.

No caso de entraren no centro os alumnos non poderán sair do mesmo ata as 14:25 horas.



story | by Dr. Radut