Skip to Content

Google Workspace for Education

Google Workspace for Education (antes coñecido como G Suite para Centros Educativos) é un paquete de ferramentas de produtividade gratuítas de Google para colaborar na aula, entre as que se inclúen Gmail, Classroom, Documentos de Google e Drive. A administración das aplicacións e dos usuarios é realizada polo IES Santa Irene no seu dominio de Internet propio.

Para acceder ás aplicacións de Google Workspace for Education é necesario ter un nome de usuario e un contrasinal. O contrasinal é estritamente confidencial: hai que memorizalo e non o comentar cos compañeiros. O alumnado novo recibirá estes datos ao iniciar os seus estudos no centro.

Accédese ás aplicacións de Google Workspace for Education iniciando unha sesión de Google co enderezo de correo (nome-de-usuario@iessantairene.es) e o contrasinal correspondentes. Tamén pode usarse as ligazóns seguintes:

En caso de problemas co uso de Google Workspace for Education, o alumnado dirixirase, en primeiro lugar, ao profesorado titor.

Condicións de uso

  • A prestación deste servizo está condicionada a que o alumnado permaneza matriculado no centro ou o persoal manteña o seu destino no mesmo.
  • O servizo terminarase sen previo aviso cando o alumnado cause baixa ou non renove a súa matrícula, ou o persoal cese no seu destino no centro: é responsabilidade súa descargar e almacenar pola súa conta todos os documentos que desexe conservar antes da terminación do servizo.
  • Todas as normas do centro aplícanse plenamente ao uso de Google Workspace for Education.

Restricións de correo

A fin de protexer o alumnado menor de idade e garantir o uso apropiado das aplicacións, o envío e recepción de correo do alumnado está restrinxido a certos dominios de internet, incluíndo iessantairene.es, xunta.gal e outros dominios que ofrezan servizos educativos solicitados polo profesorado.

Isto quere dicir que o alumnado poderá intercambiar correo entre si e co profesorado (só nos dominios iessantairene.es e xunta.gal), recibir notificacións de Google e rexistrarse nalgúns portais educativos seleccionados; sen embargo, non poderá intercambiar correo con outros usuarios de Internet con contas noutros dominios (gmail.com, yahoo.es, etc.), nin completar o rexistro por medio do correo en servizos non autorizados.

Máis información



page | by Dr. Radut