Skip to Content

novela, suxestión

Mollándonos na lectura

O pasado martes, 17 de outubro, a climatoloxía adversa non foi quen de impedir a nosa primeira, neste curso, xuntanza oficial do club de lectura de adultos.
A sesión, duns noventa minutos, dividiuse en dúas partes.
Na principal abordamos distintos aspectos de A muller xabaril: contextualización da novela dentro da obra e das lembranzas da autora; visionado dunha entrevista con Fina Casalderrey; tratamento non tanto da muller concreta Adelina Franco como da muller en xeral vítima do desprezo, o maltrato, a incomprensión ou os aldraxes; o papel da familia da protagonista e das circunstancias históricas vividas; o comportamento de Ramiro; o maxistral uso do xénero epistolográfico no desenvolvemento da estrutura narrativa; a dosificación da información que permite manter a intriga e o interese do lector ata o final; os temas da violencia, o escarnio ou o idadismo; o rexeitamento social ao que resulta diferente e/ou rompe os moldes estabelecidos; o papel da lectura, da formación, da cultura (por algo A Muller Xabaril levaba ao lombo un saco con libros, entre outras pertenzas).
Na última parte presentamos e discutimos distintas propostas de próximas lecturas: a do vindeiro mes será, aproveitando a visita da autora ao noso centro, O ano das mazás (vivencias do pai da escritora nos tempos da posguerra: maltrato infantil na escola, nais solteiras, relixión evanxélica, estraperlo, privacións e fame). Outras suxestións lectoras correspóndense con O estranxeiro de Alex Alonso (un surrealista asasinato da pábulo a unha humorística e mordaz crítica á sociedade actual, aos seus principios e valores e á volubilidade da xustiza); Coa man esquerda de Xabier Quiroga (un escritor recibe un curioso manuscrito no que un ancián conta arrepiantes sucesos vividos cando era neno e que lle deixarán fonda pegada) ou Unha saca da patacas de Francisco Coimbra (onde se xoga coa ambivalencia semántica do termo “pataca”: tubérculo e moeda, cun destacado protagonismo da lingua mais tamén cunha crítica social encarnada no luxo de Macau sostido co traballo precario das distintas profesións que fan posíbel o ouropel dese luxo)
Vémonos o vindeiro mes!

Data: 
Xov, 19/10/2023 - 05:52

Unha narrativa feminina de premio!

       A novela As malas mulleres acaba de obter o Premio Nacional de Narrativa 2022.
    Marilar Aleixandre, a súa autora, convértese así na quinta muller en obtelo. Esta obra xa fora galardoada no ano 2020 co premio Blanco Amor.

    Aproveitamos a ocasión para rescatar o artigo que o crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 18 de xuño de 2021, na sección “Ex umbra in solem”:

   “Imaxina Marilar Aleixandre, nesta novela galardoada co Premio Blanco Amor, vidas e actitudes -resilientes tantas veces- dun pasado que, ata agora, non constituíu un marco temporal que se abordase en ningunha novela contemporánea. Tal é o dese período que cadra coa data de publicación do fundacional Cantares gallegos e non casualmente pois poemas dese libro, mesmo a presenza rosaliana evocada nalgún faladoiro, percorren algunha pasaxe clave deste libro.

     Velaquí un territorio que acolle ficción, naturalmente, mais tamén deseña unha época na que se visibiliza o labor de figuras máis coñecidas como Juan de Vega, Concepción Arenal ou a propia Pepa a Loba, contempladas en momentos claves da súas biografías, e as vidas desas mulleres encarceradas na prisión da Galera coruñesa entre as que salienta unha delas, Sisca, na que se pon o foco tanto para simbolizar a desgraza persoal que sofre inducida polo infortunio e a atmosfera social como para representar con ela un posicionamento ético e vital que, en tantas ocasións, se sostén grazas á memoria e ao amor.

    Construída con atinadas doses epistolográficas e alicerzada nunha exemplar e plástica reconstrución de atmosferas, non rexeita asomarse ás polémicas ideolóxicas do tempo a carón, ás veces, de incorporar un diálogo coral con textos literarios galegos da época que entendo como un dos seus grandes valores. Todo se tece, talvez, desde unha perspectiva panóptica -non é difícil tampouco ver nestas páxinas o gromo dun guión cinematográfico espléndido- tan acaída a unha proposta na que se fala da vida dunha prisión, desas “malas mulleres” en terminoloxía da época, sometidas á incomprensión, aos xustillos sociais aínda hoxe tan presentes, á infamia e ao trato inhumano, ás dificultades da vida cotiá naquel contexto e fóra del. Reclusas mergulladas nuns muros case infranqueables de silencio e esquecemento onde a sororidade, a aprendizaxe dun oficio e a importancia da lectura -memorables as páxinas nas que Sisca aprende a ler- se converten na forza motriz e na esperanza de tantas vidas. Probablemente unha das novelas máis salientables deste ano”.

https://cadernodacritica.wordpress.com/2021/06/19/as-malas-mulleres-de-marilar-aleixandre/

Se premes aquí tamén podes ler a recensión que da novela fai o crítico Xosé M. Eyré.

Mais... mellor ler a propia obra...  a que agardas? Está ao teu dispor no catálogo da nosa biblioteca!

Outubro 22

La biblioteca de los libros vacíos de Jordi Sierra i Fabra


    Novela curta que mestura fantasía e realidade.
    A biblioteca dun pobo tranquilo pechou hai un ano, alí quedaron os libros recluídos, abandonados sen ninguén que lles dea vida, lentamente van morrendo; as letras que forman as palabras van caendo, abandonado os libros, deixándoos baleiros. O libro é o corpo, as palabras son a alma do libro. Tadeo o xefe e único empregado da estación de tren é o primeiro que se tropeza coas letras pola noite, o alcalde será o segundo en coñecelo, Tadeo esa mesma noite corre veloz a notificarllo, todo o pobo é convocado para falar do problema. A pequena Margarita será a que poñerá en marcha un plan para facer revivir os libros...
    
    Entró en la placita de San Casiano. Vivía al otro lado de la Plaza Mayor, así que ya estaba  cerca. Ni siquiera miró a su derecha, en dirección a la oscura biblioteca municipal. Por allí apenas si había luz. La atravesó por el mismo centro y fue entonces cuando, de pronto, su pie pisó algo.
    Estuvo a punto de resbalar.
    –¿Pero qué…? –rezongó Tadeo.
    Bajó los ojos al suelo sin ver nada.
    Levantó su pie para mirarse la suela del zapato.
    Y la encontró allí, pegada, diminuta aunque brillante.
    Una letra.
    Para ser más exactos, una A mayúscula.
    Tadeo abrió unos ojos como platos. No entendía nada. Pisar una letra era lo más extraño y absurdo que jamás hubiese hecho en la vida. ¿Qué estaba haciendo allí una letra, en mitad de la placita de San Casiano? Las letras no se caían como las hojas de los árboles. Las letras formaban parte de los libros y…
    Los libros.
    Tadeo giró la cabeza a la derecha, en dirección a la biblioteca municipal. Llevaba cerrada  un año, justo desde la jubilación de la señorita Virtudes, la bibliotecaria.
    Se acercó a ella, con la letra en la mano.
    A los tres pasos vio en el suelo una eme minúscula, y un poco más allá, una zeta.
    Las recogió. Eran de tipografías distintas, pero eran letras al fin y al cabo.
    –Esto es la mar de raro –dijo Tadeo en voz alta.
    No tenía la llave de la biblioteca, por supuesto, pero se acercó a la puerta igualmente, más y más perplejo. Las letras parecían provenir de allí. Justo en los tres escalones vio media docena más. Ya ni las recogió, aunque una era enorme, dorada y de carácter antiguo. Entre el último escalón y la puerta el viento estaba jugando con otro puñado, arremolinándolas. Lo comprendió al momento.
    Por debajo de la puerta de la biblioteca asomaban más puñados de letras, decenas, quizás centenas, millares.
    Letras y más letras.
    Tadeo nunca había visto nada igual.
    Por ese motivo, asustado, con el sueño y la pereza hurtados de su ánimo, echó a correr como alma que lleva el diablo hacia la casa de Benjamín, que además de su amigo era el alcalde del pueblo.
    Aquello necesitaba la presencia de la máxima autoridad.

Xuño 2022

Boulevard. La versión de Flor. Libro I

de Flor M. Salvador

      Primeiro título dunha serie que terá continuidade con Después de él, Antes de ella e Eterno.
    Luke  Howland inxeriu ao longo de gran parte da súa vida substancias  toxicas, vivindo baixo as sombras das súas lembranzas. Cando cre estar no límite da súa vida cos seus soños rotos, a moza  Hasley  Weigel aparece para renovar a súa fe nun futuro mellor e deixar atrás todos os pesadelos que o atormentan. Unidas as súas almas nun boulevard de emocións e soños, este tinguiuse de cores agrisadas preparándose para a tormenta. Luke xamais imaxinou que alguén podería amalo tendo aquel desastre de vida. Ela fíxoo, pero non da forma correcta.

Resoplé agotada cuando el profesor de Ciencias Sociales avisó que daba por finalizada la clase de hoy, dejé caer mi lapicero contra la mesa y guardé todo. El anillado de mi libreta se enredó con mi pulsera y puse los ojos en blanco para después tratar de arreglar el pequeño accidente. No tuve tanto éxito, ya que al instante de alejar mi mano me hice un rasguño en la piel.
Hoy estaba quejándome más de lo normal.
Salí del aula, me tocaba Literatura y después con la profesora Kearney. Lo bueno de las clases es que había un pequeño descanso de diez a quince minutos. Mi cuerpo se tropezaba con el de otros y oía cómo varios gruñían, traté de escabullirme de todo el bullicio y, cuando por fin dejé el pasillo principal, me dí cuenta de que alguien me había manchado con algo de kétchupe.
¡Oh, vamos!
Traté de quitar la mancha obteniendo como resultado una más grande.
En realidad, era imposible ser más torpe. Maldije mil veces al aire y empecé a caminar por la parte contraria del pasillo principal, en donde el campo daba a las instalaciones de los edificios de Química.
Mi vista viajó hasta el lado derecho de las gradas por simple curiosidad y confirmé lo que por un segundo pasó por mi mente. El chico del día anterior y el culpable de mi pelea con mi mejor amigo se encontraba ahí. Debía parar mi curiosidad, pero al parecer fue más fuerte que mi cordura porque, en lugar de dirigirme a la clase de Literatura y no darla por perdida, fui hasta donde él se encontraba.
Pensé en muchas excusas para cuando me preguntase por mi presencia, pero, aunque no me funcionaran, no me arrepentía ni un solo segundo de estar acercándome.
-¿No se supone que tú tendrías que estar en clase? -preguntó Luke con el entrecejo fruncido cuando me vio subir.
-Supones bien, pero no tenía ganas de entrar. -Me encogí de hombros.
Luke me miró como si lo que le había dicho fuera lo más extraño del mundo. Él sacó de su bolsillo una cajetilla y a continuación un cigarro para llevárselo a los labios y encenderlo. Se acomodó sobre una de las gradas y estiró sus piernas. El cielo estaba azul y el aire seguía siendo fresco a la temperatura en la que nos encontrábamos.
-Así que, Luke, ¿por qué te gusta fumar? -pregunté, sentándome a su lado, pronunciando su nombre con lentitud mientras lo miraba con cierta incertidumbre.
-¡Vaya! Ya sabes cuál es mi nombre -se rió y dio una calada...
-No me costó mucho trabajo -admití-. Ahora contesta mi pregunta. El me miró vacilante.
-Ya. No esperes que responda a todas tus preguntas, Weigel, pero fumo porque me gusta, me quita el estrés.
Sí, eso es lo que la mayoría de las personas que consumían tabaco solían contestar. Nada fuera de lo común. Nada diferente a lo esperado.
-Hay otras formas, ¿lo sabes? ¿Lo has intentado?
-Sí, y no quiero. -Ladeó la cabeza dándome a entender que eso sería lo último que saldría de su boca.
-Eres un completo irracional -repliqué.
El solo se encogió de hombros. Suspiré pesadamente.
No sería tan fácil averiguar más sobre él, no lo sería para nada. Lo observé por unos segundos, me gustaba cómo vestía. Traía una camisa de cuadros azules y debajo de ella una camiseta negra, la cual llamó mi atención: era un triángulo y en uno de sus lados salía como un arcoíris.
-¿Qué significa? -Mi dedo índice apuntó, él recorrió la dirección y enarcó una ceja de nuevo hacia mí.
-¿No lo sabes? -me preguntó incrédulo, y yo negué apretando mis labios-. Dios, ¿qué eres?
-¿Acaso eso es tan importante? -contraataqué.
-Eso tiene nombre y es una de las mejores bandas que pudo existir. Es Pink Floyd y la imagen es uno de sus álbumes- defendió.
-Recuerdo haber visto algo parecido en …
-¿En una tienda de discos?
-No.
-¿Y?
-Clase de Física- murmuré.
-¿Ley de Snell?
-Supongo. ¿Dispersión de la luz?
-Ya- asintió -. Pero mi camisa representa un álbum de ellos.
-Ellos. ¿Ya se separaron?
-¿Qué te pasa?- Él parpadeó un par de veces y me miró durante varios segundos-. No puedes hablarme en serio.
-Al menos puedes intentar decirme qué música tocan, tal vez podría escucharlos y … -No pude terminar porque él me interrumpió.
-No es Michael Bublé. -Luke torció los labios.
-¡Michael Bublé es bueno! -defendí, chillando con el entrecejo fruncido.
-Para temporadas navideñas- dijo vacilante. Yo abrí la boca, ofendida.
-Ahora estoy indignada- dije y miré hacia el frente. Mi mente pensaba rápido y lo volví a mirar confundida-. ¿Cómo sabes que me gusta?

Para ler máis preme aquí

 

 

Xuño 2021

Deserto García

de

   Jorge Emilio Bóveda

Novela que amosa unha atmosfera rural asfixiante, sen escrúpulos, onde o alcoholismo, a violencia, a corrupción e a escaseza de horizontes vitais; aínda que con doses de humor e ironía, golpean a conciencia do lector. “Unha especie de remedo do far west” (Xosé M. Eyré)  Deserto García é unha reflexión sobre a soidade do ser humano, unha soidade buscada, o desexo  de esquecer o pasado, ser independente e resolutivo. 

Desiderio García, garda civil prexubilado, vai vivir a aldea de Loirás para habitar a antiga casa familiar dos seus avós, coñecidos no lugar como os Touceda. O seu obxectivo é vivir nunha especie de retiro voluntario, afastándose de todo o que foi a súa vida ata o momento. Máis a súa presenza non será ben recibida e mesmo á súa vida estará ameazada.

 Era aquel un lugar perdido, unha folla arrincada da axenda dalgún inspector de sanidade. O ambiente era opaco e abafante, cheo de fume que ignoraba prohibicións e leis... 

Isidro Maceira, o xefe de cerimonias, amestráraos co paso das décadas nunha especie de síndrome de Estocolmo, convencéndoos incluso de que el era o Señor do Ás de Ouros nas partidas de cartas. Incluso inventaba asa regras dependendo dosa intereses das mans e conseguindo que ninguén puxese en dúbida as súas artes...

            -A ver se prestas atención, carallo -pasando o trapo. Que andas apampado.

O obxecto da regueifa era un homiño bébedo que envorcara a cervexa por riba da barra que xa pingaba en regatos cara ao chan. Era un rapaz novo avellentado polo alcol que dende había tempo perdera a noción dos puntos cardinais, sobre todo o norte. Chamábanlle “o fillo do Sancristán”.

-O rapaz paga, Maceira! -retrucou o Abundio, un home viúvo que diariamente facía naquel sitio a conta atrás do seu tempo de vida.

-Que carallo ten iso que ver? bramou Isidro Maceira-. Non hai un prezo fixado para vir aquí tocarme os collóns a todas horas.

-Hai máis bares, Maceira...-engadiu o Abundio, desafiante.

-Ai, si? Levas razón. En toda a comarca de Élide mal será que non atopedes outro. Anda a rozar as coxas por ahí adiante! -berrou.

-Ben sei que nos arredores de Loirás es o único, pero o trato non é bo... -explicou o Abundio.

-Mira, Abundio, teño oitenta anos e levo tempo aturándovos. Ben sabe Deus que se sigo acá é porque non sei facer outra cousa os xogadores de cartas baixaron máis o volume para escoitar mellor o monólogo-. Non me cómpre para nada o voso diñeiro, por min ídevos foder todos!

-Non te poñas así -acougou o fillo do Sacristán con voz etílica-. Nós querémoste, Maceira.

-Estás bébedo, Sancristán.

Estou algo bébedo pero sei o que digo. Loirás iría para o carallo de non se por homes coma ti, Maceira. Os vellos morren e non...

Xaneiro 2021

Las huellas del silencio
de
John Boyne

    Na Irlanda de 1970,  Odran, con dezasete anos e impulsado pola gran relixiosidade da súa nai, decide ordenarse sacerdote, aínda que nunca sentise gran devoción. Catro décadas despois, a pedofilia dalgúns dos seus compañeiros sacerdotes e o feito de que moitos dos mozos fregueses que coñece sexan vítimas, fan que perda a fe e pregúntese por que pasou isto e como non o soubo ver antes. Motivado por un evento familiar que fai que volva a vista atrás, Odran terá que enfrontarse ao seu pasado na igrexa e contar todo o que sabe, aínda que iso implique demostrar que ás veces preferiu mirar para outro lado.

   Novela que, evitando sordideces innecesarias, de xeito sutil e desde unha posición neutral, deixando que os sucesos falen por si mesmos, aborda un tema de actualidade que afecta á igrexa católica poñendo en evidencia a inxustiza, a impunidade, os abusos de poder e os perigos da submisión malentendida.

(…) Bebió un poco más, dando un trago más largo que antes, y cerró los ojos unos instantes, saboreando.
-Miles Donlan- dijo segundos después.
Mi mirada bajó al suelo. Ésa era la conversación que yo me había temido.
-Miles Donlan- repetí en voz baja.
-Has leído los periódicos, supongo. Habrás visto las noticias.
-Sí, eminencia.
-Seis años -dijo silbando entre dientes-. ¿Crees que sobrevivirá?
-No es un hombre joven -respondí-. Y dicen que los presos pueden ser muy duros con… -Tenía la palabra en la  boca, por supuesto, pero no pude pronunciarla.
-A ti nunca te había llegado ningún rumor, ¿verdad que no, Odran?
Tragué saliva. Por supuesto que me habían llegado rumores. El padre Donlan y yo habíamos trabajado codo con codo en Terenure durante años. Nunca me había caído bien, para ser honesto; era un tipo amargo y hablaba de los chavales como si le fascinaran y le asquearan al mismo tiempo. Pero sí, me habían llegado rumores.
-No lo conocía muy bien- dije evitando la pregunta.
-No lo conocías muy bien -repitió él con voz queda y me miró fijamente hasta que no tuve más remedio que apartar los ojos-. Pero si hubieras oído algún rumor, Odran, o si te llegaran rumores de cualquier otra persona, dime, ¿qué harías?
(…) -Te seré honesto, Jim -dije- No sé qué haría o a quién se lo contaría o cuándo diría una palabra sobre eso. Tendría que juzgarlo en el momento.
-Me lo contarías a mí, eso es lo que harías -dijo en tono agresivo-. Y no se lo contarías a nadie más. Los periódicos nos la tienen jurada, te das cuenta, ¿verdad? Hemos perdido el control. Y debemos recuperarlo. Debemos hacer entrar en vereda a los medios.  -Lanzó una mirada en dirección al armario de las bebidas y a la efigie del arzobispo McQuaid-. ¿Crees que él habría tenido que aguantar tonterías como éstas? -me preguntó-. Habría hecho cerrar las imprentas de los periódicos. Se habría quedado con el usufructo de Montrose y los habría expulsado a todos...

Novembro 2020

Esto te va a sorprender
de
Hank Green


    Primeira novela do irmán de John Green na que aparecen combinadas situacións da vida cotiá con elementos propios da ciencia ficción.

    Ao regresar ao seu fogar April May, protagonista da obra, descobre un misterioso obxecto, aproveita para filmalo e colgar o vídeo na internet. O seu vídeo faise viral; as misteriosas esculturas que filmou expándense polo mundo e a xente pensa que se trata de obxectos alieníxenas. Como April documentou, a primeira, tan anómalo fenómeno, a súa vida transfórmase de xeito radical por mor dunha fama repentina.

    As redes sociais, a radicalización dos discursos e a deshumanización que provoca a fama, son tan só algúns dos grandes temas que aborda esta novela.  Sobre isto, o propio autor declarou: “Temos moito que aprender sobre como utilizar as novas ferramentas que están a efectuar un cambio xigantesco na cultura. É urxente facer algo”. “Preocúpame porque creo que o impacto da internet no ámbito cultural, emocional e social non fixo máis que comezar”
    
    (...) Vuelvo a aquella fatídica noche de enero. Faltaba una semana para el lanzamiento de la mierda de app en la App Store, y yo estaba esperando a que aprobaran varios cambios en la interfaz de los usuarios, en fin, a ti eso te da igual…; era un coñazo. En lugar de llegar temprano al trabajo, me quedé hasta muy tarde. Siempre lo había preferido. Se me había secado el cerebro intentando entender las crípticas instrucciones de los jefes, que no eran capaces de diferenciar un ráster de un vector. Salí del edificio (era un local de coworking, ni siquiera un local propio en alquiler) y caminé los tres minutos que me separaban de la estación de metro.
    Y entonces, ¡no sé por qué!, la máquina expulsó mi tarjeta del metro. Tenía otra tarjeta en mi mesa de trabajo, y no estaba del todo segura de cuánto dinero me quedaba en la cuenta corriente, así que creí que lo más prudente era recorrer de nuevo las tres manzanas y volver al despacho.
    La señal que indica que puedo cruzar está encendida, así que cruzo la calle Veintitrés y un taxi me pita, como si no estuviera en un paso de peatones. De qué vas, tío, la señal está encendida. Giro en dirección al despacho y de repente lo veo. A medida que me acerco, tengo claro que es… una escultura extraordinaria, realmente extraordinaria.
    Sí, es increíble, pero también Nueva York es increíble, ¿sabes?
   ¿Cómo explicarte cómo me sentí? Supongo…, bueno…, en Nueva York puedes pasarte diez años intentando hacer algo sorprendente, algo que capte la esencia de una idea con tanta perfección que de repente el mundo sea diez veces más claro. Es bonito, tiene fuerza y alguien le ha dedicado gran parte de su vida. Las noticias lo comentan, todo el mundo dice «¡Es genial!», y al día siguiente lo olvidamos y prestamos atención a otra cosa absolutamente perfecta y sorprendente. Eso no implica que esas cosas no sean maravillosas y únicas… Es solo que hay un montón de gente haciendo cosas increíbles, así que acabas un poco harto.

Le un fragmento neste enlace

E nesta entrevista, o autor recoñece os problemas que sempre ten para crear algo novo, ós medos aos que se enfronta buscando unha solución para continuar e a actitude que adopta é confiar en si mesmo, o cal lle resulta moi difícil. Para el, escribir un libro é un proceso de desgaste que lle aporta una gran recompensa. No seu libro, como el mesmo di, non todo é bo pero cando volvía ler o xa escrito pensaba que valía a pena continuar escribindo. Tamén nomea ás persoas que lle axudaron neste proceso, a súa muller e o seu axente quen sempre o animou a seguir escribindo. Na novela, tamén se fai mención ao feito de ser famoso, as vantaxes (querer ser famoso) e os inconvenientes (o público pode ser cruel). Por último, fai referencia ao blog que comparte co seu irmán.

 

Decembro 2018

´O segredo da casa de Formoso
de
Héctor Cajaraville

    Libro de  lectura áxil e sinxela. Agocha un pequeno misterio que xira arredor dos sentimentos dun rapaz, fillo de emigrantes nos Estados Unidos, que comezando a ser cajaravilleadulto descobre que non todo é o que parece, ao descubrir unha Galicia descoñecida para el cando busca as súas raíces. Tamén fai unha certa crítica social ao tratar o tema da Guerra Civil e as inxustizas que a rodearon. En resumo: unha entretida narración para coñecer a emigración, os seus segredos e  a nosa tráxica historia.

    (...) Quen chama por el é unha moza algo maior ca el, baixa e co cabelo negro e moi crecho, ao estilo das mulleres de raza negra. De primeiras David non a recoñece, pero ao ver que ten ao seu carón o tío Pastor axiña se decata de que é algunha das súas curmás. Cando chega á altura deles, a moza dálle dous bicos e o home unha sonora aperta.
    Xa era tempo de que nos coñecésemos, non che parece? Mira que non vires por aquí en tantos anos, parece mentira. Só te vimos daquela que te trouxeran os teus pais, debías ter ti dous ou tres meses -David quere dicirlle que tiña seis, pero o home continúa falando-. Tamén a túa nai ben te puido traer o ano pasado, cando foi o... o da avoa. Na casa todos contabamos contigo, pero xa nos explicou ela o dos estudos e todo iso. Ti leva a bolsa, que das maletas xa me ocupo eu -a resolución do tío non lle deixa ao mozo posibilidade de protesta-. Pero se es unha cuarta máis alto ca min! Non sei a quen te imitas, nesta familia todos somos máis ben pequenos. Será pola comida de aló, todo a base de manteiga e graxa...
    David non é capaz de meter palabra ningunha ante o monólogo incesante do seu tío, e limítase a asentir e sorrir.
    -Que tal a viaxe, todo ben? A min non me chista nada voar. Só me fío dos pilotos`portada porque eles van tamén dentro do aparello e supoño que aprecian a súa propia vida, que se non... E vaia enredo ese de ter que andar cambiando de avión, non? Pero claro, non imos pedir irmos directos desde Santiago a todos os sitios do mundo. Aínda que si fose pola cantidade de galegos que van e veñen dun lado para outro... Pero non nos imos queixar, que desde aquí pódese ir a unha morea de países, non é coma antes, que fóra de Londres... E Xenebra, claro, polos emigrantes en Suíza. Agora que o penso, tampouco ´é que mellorase moito a cousa, aínda acaban de quitar un voo que había a Istambul. Pero calquera vai a Istambul, tal e como está o asunto por alí -de súpeto, Pastor interrompe a súa enxurrada verbal-. Ah, esta é a túa curmá...

       Héctor Cajaraville naceu en 1974, en Santiago. Estudou Xornalismo. Foi  responsable de prensa na Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, na Universidade de Santiago de Compostela e no Concello de Santiago, e redactor nos xornais La Voz de Galicia e De Luns a Venres. Na nosa biblioteca tamén podes atopar outros dos seus títulos como Nova Nursia, A caixiña dos rancores ou Once portas.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut