Skip to Content

lectura

Lecturas de ciencia no mes da ciencia

Non teñas medo ás lecturas de medo!

Maio 2020

Mentira
de
Care Santos

    Xenia, filla única que está a piques de realizar as ABAU e quere estudar medicina, vive controlada en exceso polos seus pais. O seu rendemento escolar baixa porque está namorada. A partir de O gardián entre o centeo, libro prestado para un traballo de filosofía, coñece por internet a "Marcelo", un lector apaixonado dese libro có que comezará a comunicarse por correo electrónico. Deseguido xurdirá entre eles unha amizade que terminará sendo insuficiente para  Xenia. Cando ela decide coñecer a “Marcelo” cara a cara, este evita a cita. Xenia  descubrirá que o que lle contou o suposto “Marcelo” é falso. “Marcelo”, na realidade, chámase Eric e  tamén empezou a sentir algo pola moza así que lle enviará  un paquete onde  revelará toda a verdade da súa complicada vida. O paquete procede do cárcere de menores e contén a historia dun asasino. En resumo: a novela lévanos a pensar que as cousas non son sempre o que parecen e dinos como unha mentira pode repercutir na vida dunha persoa.
   
    Son moi observadora. Decateime, por exemplo, de que Marcelo respondía case sempre ás miñas mensaxes entre as catro e as cinco da tarde os luns, mércores e venres. Algunhas veces, de cando en cando, tamén escribía polas mañás. Pero nunca en martes, xoves ou sábado. Supuxen que, ao mellor, tiña algún traballo e que debía ter dificultades para utilizar o ordenador para asuntos persoais; por iso as súas mensaxes eran sempre tan breves, porque non quería ter problemas.
    Cando coñeces unha persoa pola Internet, todo o que non sabes dela tes que imaxinalo. Por iso te equivocas tanto.
    Ao mellor, falar de todo aquilo con alguén podíame axudar a velo doutra forma, a darme conta de que era unha tolería. Pero a miña única amiga era Sandra, e a nosa relación non pasaba por un bo momento. A min parecíame que ela estaba moi rara desde que empezara a saír con aquel rapaz universitario, coma se el a estivese cambiando. Ou, se cadra, a rara era eu, quen o sabe. Poida que tamén sentise un chisco de envexa. Poida. O caso é que non lle contei nada a ninguén.
    Dous días despois de que lle enviase a foto, Marcelo pediume outra. Fun moi dura con el:
    Non che vou enviar ningunha foto máis mentres non me envíes ti unha túa.
    Funcionou. Cando recibín un correo electrónico cun documento adxunto, disparáronse os latexos do meu corazón. Mamá estaba na cociña pero, aínda así, abrino. Non podía esperar nin un segundo. Diante de min, aberto, o traballo de literatura. Nunha segunda ventá, preparada para escondela se mamá se acercaba demasiado, a foto que tanto ansiaba ver.
    Imaxinárao tantas veces, que abrín a foto cun medo terrible. E se non era como eu pensaba? E se era horroroso?
    Durante uns segundos, creo que me esquecín de respirar. Hai veces en que a vida se detén. Só uns instantes, sen ningún movemento. É como se o mundo quedase en absoluto silencio para subliñar o que é importante de verdade. Despois, todo volve soar con máis forza. O meu corazón coma un tambor. Pom pom, pom pom.

 

Accede á páxina virtual da autora premendo aquí.

Abril 2020

Volveré a buscarte

de Pilar Cernuda

Nos anos cincuenta, Antonio Padín abandona Galicia rumbo a Arxentina en busca dunha vida mellor para a súaautora familia. Trinta anos antes xa o fixo o seu avó Manuel que nunca volveu. O que non sabe Antonio é que esa aventura descubriralle, entre outras cousas, a verdadeira historia do seu avó. Pero deixemos que sexa a propia xornalista e autora a que nos fale da xénese da súa primeira novela:
Hai moitos anos un mariñeiro galego que regresaba de América tras vivir alí contoume unha historia que me conmoveu e decidín que era esa e non outra a que me tocaba desenvolver.
Todos os galegos temos unha aldea. A nosa é a dos meus avós, no Salnés. Alí atopei cantidade de mulleres cuxos maridos, noivos ou fillos marcharon, nin sequera sabían onde porque na época de analfabetismo non sabías que era América, e esperaban sen saber que nin cando.
O Centro Galego de Buenos Aires É impresionante, o mellor hospital de Buenos Aires e o lugar da cultura que todos os grandes escritores e pintores galegos visitaron nalgún momento da súa vida. Un lugar de encontro e de axuda. Foi fundamental para a xeración dos 50, pero tamén para min para poder escribir esta novela. Unha novela na que coñecemos as viúvas dos vivos, que dicía Rosalía de Castro. Recollín esa frase dela porque paréceme  unha descrición incrible. Viúvas de vivos que nin sabían se estaban vivos e quedaban a cargo de todo, de cultivar a terra... Saían pola mañá da casa co carro de vacas a enchelo de herba e facían todo o demais, pero sempre esperando aos seus maridos, sen saber se algún día volverían e sen ter noticias de eles.

     Antonio permanecía callado. Se le veía confuso, aturdido, sin saber qué decir, ni cómo reaccionar. Pepe le apretó el brazo en un gesto de solidaridad. Era el único que comprendía, el único que se había dado cuenta de lo que estaba ocurriendo en ese instante. Finalmente, Antonio levantó la cabeza y aunque no miró a Santiago, como si tuviera miedo al ver su expresión, se atrevió a decir lo que pensaba:
    -Tu abuelo era mi abuelo.
    -¿Mi abuelo? ¿Manuel Padín?
    -Tu abuelo Manuel Padín. Mi abuelo, que embarcó en Vigo hace cincuenta años y nunca más supimos de él.
    -Pero ¿cómo va ser tu abuelo si él no estaba casado?
    -Lo estaba, con mi abuela Lola. La madre de mi padre.
    -No puede ser. Se casó aquí por la iglesia con mi abuela Rosa, la madre de mi padre.
    -Si tu abuelo se llama Manuel Padín, es de Ventos y llegó a Argentina a principios de siglo, es mi abuelo. No ha habido otro Manuel Padín en Ventos. Mi abuela murió creyendo que era viuda, que su marido había muerto en Cuba, portadaVenezuela, Argentina, o en alguna otra parte de América. Ni siquiera estaba muy segura de que mi abuelo acabase en Argentina, aunque sí sabía que se había embarcado para Buenos Aires. Pero desde aquel día, nunca más se supo. Nadie lo vio, nadie nos dio noticias suyas.
    -Tu abuela no pudo con la pena...
    -Era una mujer fuerte. Cuando murió yo debía de tener doce o trece años.
    -No puede ser. Mis abuelos se casaron a los dos años de que él llegara acá.
   -Eso ya no puedo explicarlo. Pero te aseguro que mi abuela estaba casada y bien casada con Manuel Padín, aunque, como ya te he dicho, mi abuelo desapareció. Después de tantos años, ella se creía una mujer viuda.
    De nuevo se hizo el silencio. Nadie hablaba, ninguno se atrevía a hacer preguntas, todos estaban pendientes de la conversación entre Antonio y Santiago, con frases cortas y explicaciones breves. Breves pero contudentes.
    Tanto el uno como el otro dieron por verdad sus respectivas historias. Ambas tenían visos de  ser reales, ninguno tenía por qué mentir. Era absurdo.
    Santiago, muy afectado por lo que había escuchado de boca de Antonio, al que acababa de conocer, cogió un tenedor de la mesa y comenzó a pasarlo por el mantel, haciendo dibujos de rayas cruzadas, ensimismado en sus pensamientos. Debía de estar encajando datos, asimilando fechas, nombres, recuerdos. En voz muy baja se le oyó decir:
    -Somos primos.
(…)
    Sentados o tendidos según la hora y el cansancio, entablaron conversación con otros emigrantes. Sus historias no eran diferentes, todos escapaban de la falta de oportunidades. Era poco lo que ofrecía la España de principios de siglo. Aún se vivía la amargura de la pérdida de las colonias, los desastres de Filipinas y Cuba. La mayoría de edad del nuevo rey, Alfonso XIII, no auguraba aires nuevos en una Galicia en la que escaseaba el trabajo, y no solo el trabajo. La mayor parte de la población vivía en la más absoluta precariedad.
    Manuel había dudado mucho antes de sumarse a la ola de gallegos que en aquel tiempo embarcaban en Vigo, La Coruña o en Vilagarcía (…)
    Manuel llevaba los papeles bien escondidos. Lola, su mujer,  se los había pegado al pecho con la ayuda de una venda y no los sacó de allí hasta el momento de entregarlos a la policía de aduanas (…)
    A bordo del buque que le llevaba a América (…), Manuel compartió espacio con hombres que efectivamente viajaban como indigentes, y a quienes los marineros trataban peor que si fueran perros callejeros.
    Despierto en aquella bodega, miraba las sombras que bailaban en el techo ennegrecido por la mugre. Tenía el oído atento a todo tipo de ruidos, a cada cual más pavoroso, como si el barco se estuviera partiendo por la mitad, a punto de naufragar. No sabía nada de barcos ni de mar, pero aquello desde luego no sonaba bien. Los dos días que duró el temporal, Manuel sintió un miedo mortal. Con la manta se cubrió hasta la cabeza y cerró los ojos, le dolían todos los músculos de la cara y las sienes parecían a punto de estallar. Mientras se aferraba con todas sus fuerzas a los barrotes de la litera para no salir disparado, trató de convencerse de que no era más que un  sueño, un...

Podes ler máis premendo aquí.

 

 

Lecturas en feminino

O pasado domingo, 8 de marzo, a partir das 12 da mañá mozas do noso club de lectura "Pedra do Acordo" foron as encargadas de poñer voz a poemas da guatemalteca Guisela López, da senegalesa Comba, da barcelonesa Elena Barrio, da venezolana Oriette D´Angelo, da polaca Anna Swirszczynska, da sevillana Rosa Berbel, da bonaerense Cecilia Alfonso Esteves ou do outeirano Manuel María (poema á muller galega) e do ferrolán Carvalho Calero (Muller). Participaban así na concentración promovida polo Concello de Tui, dentro da súa programación "Somos e seremos inmarcesibles" para celebrar a efeméride do 8 M. Neste acto da parte musical ocupouse Xoana que presentou o seu traballo “Dardos”

   
  

Grazas a Ainoa, Alba, Fátima, Gabriela, Sara ou Sofía por prestarnos as súas voces para reivindicar de xeito poético a visibilización das mulleres.

Le tí tamén os textos recitados no acto:

Lectura e Poesía en feminino

Marzo 2020

 O efecto Frankenstein
de
Elia Barceló


     O efecto Frankenstein abre un eixe de diálogo entre dúas épocas e fainos reflexionar sobre a desigualdade de xénero, tanto no ámbito profesional coma no social. Así mesmo, como na obra de Shelley, tamén reitera a obriga moral de cumprir coas responsabilidades e as consecuencias das nosas accións.
    Unha intriga na que conflúen os xéneros de novela  policial e gótica. Todo comeza cando o mozo Max esperta nunha casa en ruínas; o seu corpo está cruzado por enormes cicatrices que evidencian que foi atendido por un cirurxián, pero el non lembra nada.  Nora estuda Medicina na cidade alemá de  Ingolstadt e esa mesma noite de Entroido coñece a Max cando ambos salvan a unha nena de morrer afogada no Danubio. A atracción é inmediata. O problema é que pertencen a épocas distintas...
   
    Nora camiñaba a longos pasos pola rúa paralela á beira do río tropezando coas malditas saias longas do disfrace de Entroido. Mellor lle fora disfrazarse con algo máis cómodo, pero Sarah emprestáralle aquel vestido de dama do século XVIII con bolsiño, perruca e todo, e deixárase convencer, aínda que ela sempre se disfrazara de vampira, de bruxa e de cousas semellantes.
    Nin sequera sabía se facía ben indo a unha festa onde non coñecía practicamente ninguén, pero levaba xa uns meses en Ingolstadt e, entre as clase, os primeiros tests, afacerse a comprar, guisar e facelo todo soa, e as dificultades para relacionarse con xente doutra mentalidade, non conseguira aínda facer un círculo de amigos. Así que, cando Sarah a invitara a aquela festa e incluso lle emprestara o vestido, aceptara enseguida. A parvada era que non puidera chegar antes porque tivera que coidar de Marie durante dúas horas debido a que seus pais tiñan que ir a unha reunión da gardaría que elixiran para a pequena. Non puidera dicirlles que non, e agora trataba de atopar o lugar onde se celebraba a festa.
    Parou un instante para recuperar os folgos e botarlle unha ollada ao GPS do seu móbil. Supostamente debía de estar moi cerca xa. Axustou a perruca sobre as orellas e, xa ía botar a andar outra vez, cando un berro desesperado a deixou seca, mirando a todas as partes para localizar a fonte do son.
    - Socorroooo! -berraba unha voz de muller- Socorroooo! Que alguén me axude! A miña neta afoga! Socorroooo!
    Levantando as saias case que ata a cintura, botou a correr cara a onde lle parecía que estaba a muller e un par de segundos máis tarde localizáraa, á beira do río, metido na auga ata os xeonllos, ofrecendo os brazos cara a un vulto que flotaba, afastándose dela.
    Por sorte, naquela zona a corrente non era tan forte coma noutros lugares. Arrancou a perruca branca cos seus lazos e as súas bolboretas, sacou o vestido pola cabeza, sen molestarse en abrir a cremalleira, e guindouse á auga sen pensar no fría que podía estar.
    Estaba conxelada.
    O seu primeiro impulso foi...

Lecturas para o 14 F

Febreiro 2020

Un verano con Homero
de
Sylvain Tesson

    Un verano con Homero non só é un chamamento imperioso á relectura de Homero —unha relectura libre, sen prexuízos e sensíbel—, senón que tamén nos permite abordar ao poeta grego cunha mirada nova. Este ensaio, novela e libro de viaxes ao mesmo tempo, é unha invitación a  somerxerse nas augas turquesas do Mediterráneo e reler os clásicos. Lévanos ás illas  Cícladas, ás beiras do mar Exeo, onde naceron os protagonistas da  Ilíada e a Odisea, e convídanos a apagar os computadores e os teléfonos móbiles para volver a Homero. A forza, a hibris, o destino, a guerra, a importancia da natureza son temas antigos de extraordinaria actualidade. Tesson lévanos con el noutra das súas viaxes, esta vez polas palabras, e parte da mitoloxía para contar o mundo contemporáneo.


    Aquiles se entera de la muerte de Patroclo, su amigo, su doble. Apenado, toma una decisión y se reconcilia con Agamenón. Irá al combate. Sin embargo, ya no posee armas porque Héctor se las ha quedado...
    Tetis, la madre de Aquiles, va a pedirle al dios herrero que le fabrique nuevas armas. (¡Oh! ¡Qué conmovedora esta mamá, que equipa a su hijito en el Corte Inglés de la mitología para que, al redoble del tambor, pueda arrojarse a su destino, es decir, a la muerte!)
    (...) Todo está preparado para la vuelta al combate, rabioso y furibundo. Es el principio de la segunda cólera de Aquiles. Comienza la ultraviolencia.
    (...) Ya conocemos el funcionamiento de la hibris. Nada lo detendrá. Sin compasión, sin cuartel, sin hacer distinción.
    (...) Hasta los mismísimos elementos van a rebelarse contra la desmesura. Es cuando la guerra se vuelve cósmica. Los hombres, las bestias, los dioses, el agua, el fuego: todo se convulsiona en la batalla.
    (...) El río Escamandro se encabrita contra la rabia de Aquiles, intenta detener la demencia, desborda su cauce, quiere llevarse a Aquiles:
    (...) ¿Y si nosotros, los hombres, nos hemos comportado con respecto a la naturaleza como Aquiles con los dioses? Hemos roto el equilibrio. Hemos superado los límites, hemos agotado los recursos, hemos aniquilado a los animales, hemos fundido los hielos, hemos intoxicado el suelo. Y hoy nuestro río Escamandro... sale de su silencio para señalar nuestros excesos.   
     En términos ecológicos, las señales de advertencia están al rojo vivo. En términos mitológicos, decimos que los ríos se desbordan por desprecio. Como a Aquiles, las aguas nos persiguen. Todavía no hemos entendido que debemos ralentizar nuestra carrera hacia ese precipicio al que, necios de nosotros, seguimos llamando “progreso”.

Distribuir contido


by Dr. Radut