IV Concurso San Valentín

Biografías de amores e desamores

Afrodita grega, Venus latina, Ishtar babilónica, Inanna sumeria, Hathor exipcia, Cupido romano, Eros grego, Kamadeva hindú... son algúns e algunhas dos deuses e das deusas do amor; Elas, eles teñen a súa biografía; tamén os nosos amores nacen, crecen, murchan, rexorden... Nós, suxeitos axentes e pacientes do amor e do desamor, podemos facer a biografía, real ou ficticia, da nosa vida amorosa...


BASES
1. PARTICIPANTES: O concurso está aberto a todos os alumnos e alumnas do centro, de forma individual.
2. Os/As participantes deberán presentar os seus traballos (narracións, poemas, teatro, cartas...) escritos a ordenador ou con letra lexible, en calquera das linguas estudadas no centro.
3. Os traballos presentaranse baixo pseudónimo. Nun sobre adxunto pechado, co propio pseudónimo no exterior,  incluiranse os datos do participante: apelidos, nome, curso e grupo.
4. A  súa extensión  non poderá exceder un DIN A4 (folio) polas dúas caras.
5. PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN: do luns, 14 de febreiro  ao luns 14  de marzo de 2011, ámbolos dous inclusive. Os traballos presentaranse na Biblioteca do IES durante os recreos dentro de prazo citado e serán recollidos polo profesorado de garda na Biblioteca.
6. XURADO:  O xurado cualificador estará integrado por membros representantes do equipo directivo, dos Departamentos de Linguas  e do equipo de Biblioteca.
7. PREMIOS: haberá suculentos premios para os mellores traballos.
8.Os traballos premiados quedarán depositados no Instituto e publicaranse en formato impreso e dixital.
9. A participación no Concurso supón a aceptación das presentes bases.

 

Sé @ biógraf@ do teu amor!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer