Skip to Content

Ciencia e memoria

O pasado venres, 25 de marzo, tivemos connosco a Ricardo Gurriarán, catedrático xubilado, doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, coa tese A investigación científica en Galicia (1900-1940): institucións, redes formativas e carreiras académicas: A ruptura de Guerra Civil , asesor histórico do filme Os fillos do sol (2017) que desenvolve a súa trama nos inicios da compañía farmacéutica Zeltia, e recoñecido con premios como os Tertuliano Hervella 2003, da Crítica Galicia de investigación 2007 ou o Lois Peña Novo.
Grazas ao patrocinio da Deputación Provincial, a través do programa “O pasado por vir”, Ricardo Gurriarán falou ao noso alumnado do bacharelato de ciencias sobre o desenvolvemento científico na Galiza de década dos anos trinta do pasado século, na universidade compostelá rexida por Alejandro Rodríguez Cadarso, con figuras como Isidro Parga Pondal ou Fernando Calvet, un desenvolvemento que se viu mutilado pola Guerra Civil e a posterior longa noite de pedra.


page | by Dr. Radut